InicioCulturaO alcalde asegura que a biblioteca do Estado en Vigo terá 8.000...

O alcalde asegura que a biblioteca do Estado en Vigo terá 8.000 metros

O Ministerio de Cultura trasladou á Xunta que esa superficie era "inviable".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que o Ministerio de Cultura construirá na cidade unha biblioteca do Estado “de 8.000 metros cadrados en dúas plantas”, e que así llo trasladaron desde a área que dirixe Miquel Iceta, todo iso despois de que o propio Ministerio trasladase á Xunta, en setembro de 2020, que esa superficie era “inviable”.

Caballero subliñou que a nova infraestrutura cultural (que nos Orzamentos Xerais do Estado para 2022 conta cunha partida de 100.000 euros) farase no espazo designado polo Concello, tras os actuais edificios xudiciais da rúa Lalín, e mostrouse “encantado” porque, desde o Goberno, “dixeron que iamos ter biblioteca do Estado e imos ter biblioteca do Estado”.

Segundo Caballero, a Xunta, con todo, “segue pondo cambadelas” ao proxecto e advertiu de que se o Goberno galego non quere facerse cargo da xestión da biblioteca, esta será “asumida polo Concello”. “A obra págaa ao cento por cento o Ministerio, e a Xunta non quere que se faga porque é en Vigo”, volveu a denunciar.

Mentres, desde o Goberno galego aplaudiron a “rectificación” do Ministerio e do propio alcalde, e lembraron que o Goberno de España rexeitou unha biblioteca de 8.000 metros cadrados, tal e como a Xunta reclamou no informe de necesidades remitido a Cultura.

Así, a Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria remitiu un escrito á Xunta en setembro de 2020 no que sinalaba que a superficie de 8.000 a 8.500 metros cadrados que expuña a Xunta era “inviable” e que, de feito, a media de superficie das bibliotecas do Estado en España rolda os 6.000 metros.

Por iso, e tras as palabras do alcalde, a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, celebrou que agora o Ministerio de Cultura parece aceptar o plan de necesidades que lle remitiu a Xunta, e lamentou que, ata agora, o rexedor aceptase a previsión do Goberno de construír unha infraestrutura de 4.000 a 4.500 metros cadrados, que sería “inaceptable” para unha cidade como Vigo.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...