InicioCulturaPreséntase Lucenza- Ateneo, a asociación veciñal que busca contribuír á dinamización cultural...

Preséntase Lucenza- Ateneo, a asociación veciñal que busca contribuír á dinamización cultural de Nigrán

O acto terá lugar o vendeiro venres 28 de xaneiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Será o vindeiro venres 28 de xaneiro ás oito da tarde no Auditorio Municipal cando se presente, pero a asociación Lucenza- Ateneo de Nigrán xa se constituíu. Trátase dunha entidade integrada por veciñas e veciños do municipio que busca contribuír á dinamización sociocultural de Nigrán. O acto de presentación, segundo destaca a veciñanza, terá tempo para, ademais do seu carácter informativo, a música, a poesía e o coloquio coas persoas asistentes.


Lucenza – Ateneo de Nigrán botou a andar hai uns meses, a partir do sentir compartido dun grupo de veciñas e veciños das diferentes parroquias de Nigrán que consideraron convininte poñer en marcha unha entidade sociocultural “que se centre en organizar actividades a nivel municipal para beneficio de toda a veciñanza“. Así, a asociación destaca que nace co compromiso de convertirse nun “espazo aberto, libre, plural e amigable, que dea cabida a todas aquelas persoas dispostas a cooperar”

Entre os obxectivos de Lucenza está contribuir, como unha entidade máis
do municipio, á dinamización sociocultural de Nigrán, ao reforzamento da súa axenda cultural e a superación de certas eivas que “aínda se continúan a padecer”.

ÚLTIMAS

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...