InicioCulturaA Biblioteca de Tui celebra o "Día das escritoras" cun encontro literario

A Biblioteca de Tui celebra o “Día das escritoras” cun encontro literario

María José Areal e Conchi Regueiro ofrecerán a súa visión da creación literaria e do papel da literatura, especialmente a creada por mulleres.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Biblioteca Pública Municipal de Tui celebra o vindeiro luns, 18 de outubro, o “Día das escritoras”. Farao a través dun encontro coas escritoras Conchi Regueiro e María José Areal, que ofrecerán a súa visión da creación literaria e do papel da literatura, especialmente a creada por mulleres. Este acto, segundo informa o Concello, terá lugar na Biblioteca Municipal tudense ás 20 h.

María José Areal é unha escritora de Valença cunha ampla traxectoria, especialmente no ámbito poético, e a súa última obra é “Assim me deito, Assim me levanto”. Tamén exerceu como profesora e coordina do Club de Lectura “Chá con Palavras” de Valença, así
como dos de Caminha e Vilanova de Cerveira. 

Conchi Regueiro, pola súa banda, posúe unha ampla obra literaria, tanto en galego como en castelán. O seu traballo está realizado dende unha perspectiva feminista e a súa primeira publicación, en galego e no ano 2002, foi a novela para adultos ‘Tempos agradables’, para loco continuar unha ampla traxectoria literaria en xénero non realista,
ciencia ficción e fantasía, tamén para o público infantil e xuvenil.

O Día das Escritoras busca reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. 
En concreto esta actividade enmárcase na programación do “Mes da Biblioteca” que organiza a Biblioteca Municipal tudense. Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, é “unha magnifica oportunidade para visionar o papel da muller no ámbito da creación cultural e a achega que realizan á vida colectiva dende a creación literaria”. “Unha
oportunidade”, engade, “para achegarnos a coñecer a súa obra e para animar os novos valores literarios que existen no noso municipio”.

ÚLTIMAS

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...

A Universidade de Vigo aproba o convenio para descentralizar Medicina baixo a ameaza dunha “cláusula de saída”

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este martes por asentimento...

Dúas persoas feridas nun choque entre dúas lanchas motoras no porto de Baiona

Dúas persoas resultaron feridas este mércores ao chocar dúas lanchas motoras en Baiona, segundo...