InicioCultura'Cinemaldeas': unha iniciativa para achegar a gran pantalla ao rural do Porriño

‘Cinemaldeas’: unha iniciativa para achegar a gran pantalla ao rural do Porriño

Os impulsores son o Festival de Cans e o Concello do Porriño, que proxectarán curtas en diferentes lugares.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival de Cans e o Concello do Porriño impulsarán a proxección de curtametraxes premiadas na última edición do certame no rural a partir deste fin de semana no marco do proxecto ‘Cinemaldeas’.

A través dun convenio de colaboración asinado co Concello, o festival asume a coordinación destas proxeccións co obxectivo de facilitar o acceso ao cinema a todas as áreas rurais, segundo detallan os organizadores do evento. Deste xeito, búscase consolidar unha programación de cinema que se estenda máis aló da celebración do certame.

As entradas ás sesións, cuxa duración alcanzará os 75 minutos, serán gratuítas e o acceso realizarase por orde de chegada cunha inscrición que se cubrirá no lugar da proxección media hora antes do seu inicio.

Deste xeito, este venres ás 19,30 horas a Asociación Cultural Os Penediños acollerá a primeira sesión do programa, que continuará este sábado ás 21,00 horas na Asociación Casal-Chan en Budiño e este domingo ás 19,00 horas en Budiño na Forna. Os próximos 23 e 24 de outubro as proxeccións realizaranse en Mosteiro (Budiño) e Cans. Posteriormente, reproduciranse curtametraxes en Chenlo, Mosende, Carracido e Torneiros entre o 6 e o 14 de novembro.

O Festival de Cans recibiu propostas de municipios próximos e doutros lugares de Galicia para continuar o desenvolvemento desta iniciativa. Por iso, prevé que a súa celebración poida ampliarse a outros concellos e entidades interesadas.

ÚLTIMAS

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...