InicioCulturaO festival The Wild recupera a carreira de obstáculos

O festival The Wild recupera a carreira de obstáculos

Celebrarase o 4 e 5 de setembro no parque forestal de San Miguel de Oia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O festival multidisciplinar The Wild, que se celebra o 4 e 5 de setembro no parque forestal de San Miguel de Oia, en Vigo, recuperará nesta terceira edición a súa carreira de obstáculos (The Wild Race OCR), segundo confirmaron os seus organizadores, que tamén deron a coñecer o cartel do certame.

Así, o festival inclúe de novo (o ano pasado non se puido celebrar) na súa programación a carreira ‘The Wild Race, de 8 quilómetros e máis de 35 obstáculos, e que incluirá elementos adaptados doutras disciplinas, como ‘crosstraining’, ‘strogman’ ou ‘paleotraining’.

Tamén se repetirá a ‘andaina solidaria’, unha camiñada de 6 quilómetros que levará os seus participantes polos puntos máis emblemáticos do parque, como a zona de petróglifos ou miradoiros con vistas á ría e ás illas Cíes.

Este ano, The Wild destinará parte dos fondos recadados á Asociación Bicos de Papel, que acompaña e apoia a nenos con cancro do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e ás súas familias.

Por outra banda, tampouco faltarán actividades como o cinema ambiental, eventos infantís, charlas ou música, coas actuacións dos Zigarros, Familia Caamagno, Stoned at Pompeii, The Blind Crows, Susana Seivane Trío, Enxeito e Zeltia Irevire.

ÚLTIMAS

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...