Home Cultura Teo Cardalda fai resplandecer cun emotivo concerto o seu nomeamento como cabaleiro de Bouzas

Teo Cardalda fai resplandecer cun emotivo concerto o seu nomeamento como cabaleiro de Bouzas

0
Teo Cardalda fai resplandecer cun emotivo concerto o seu nomeamento como cabaleiro de Bouzas

Teo Cardalda é o novo cabaleiro de Bouzas, un premio que adoita estar reservado a políticos e empresarios, pero que desta vez recorda a importante traxectoria de Cardalda na música.

O artista vigués, antes de recibir o galardón, protagonizou un concerto a noite deste venres na Porta do Sol de Vigo, onde non esqueceu eloxiar o labor de Antonio Vega, David Bowie e Germán Coppini, con quen escribiu liñas de historia en Golpes Bajos.

En Rockdelux describiron a esta formación como melancolía romántica a través de retratos do día a día, e incluíron tanto ao seu EP “Golpes bajos” como ao LP “A Santa Compaña” entre as mellores gravacións internacionais de sempre. E Cardalda tralo fin deste proxecto continuaría traballando no dúo Cómplices, á carón da súa parella, María Isabel Monsonis Díaz.

Non se esqueceu de deixar espazo aos seus temas clásicos nun concerto sen afluencia masiva de persoas pero cheo de incondicionais, que puido ser máis largo de non ser polo ineludible deber de Cardalda: acudir a Bouzas ao seu propio nomeamento como cabaleiro.

Nostalxia e orgullo do noso nunha actuación na que el e o seu piano branco captaron as miradas, e na que tamén gardou un intre para homenaxear a Galicia, a súa terra, onde quere morrer algún día, onde sempre volve, sexan bos ou malos tempos para a lírica.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here