InicioCulturaO miradoiro de Monteferro acollerá un concerto de Carlos Núñez o 15...

O miradoiro de Monteferro acollerá un concerto de Carlos Núñez o 15 de agosto

Haberá que seguir as medidas de seguridade contra a COVID-19.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Nigrán programou para o próximo 15 de agosto un concerto de Carlos Núñez no miradoiro de Monteferro.

Dentro da xira do músico, Lugares máxicos, o evento terá unha capacidade moi reducida debido ás circunstancias sanitarias pola COVID-19 e ao “propio espírito destes concertos”, nos que Núñez busca “unha especial sinerxía entre o público e a natureza”.

Para favorecer ese obxectivo, o concerto coincidirá coa hora do solpor, ao redor das 20,30 horas. As entradas custan 20 euros e estarán á venda a través de ataquilla.com.

O alcalde de Nigrán, Juan González, destacou o orgullo do municipio por contar coa presenza de Carlos Núñez. O músico, pola súa banda, indicou que Monteferro é “un deses paraísos” aos que ás veces vai tocar porque “ten unha das postas de sol máis impresionantes do mundo”.

O Concello explicou que só se reservarán cadeiras para persoas con problemas de mobilidade, co fin de “respectar ao máximo a singularidade” do espazo natural e buscar “a mínima intervención”. A proposta é que os asistentes senten no chan.

Ademais, haberá que seguir as medidas de seguridade contra a COVID-19, polo que se recomenda tamén ir con antelación ao lugar e evitar aglomeracións.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...