InicioCulturaTomiño presenta a súa axenda de verán: concertos, teatro, campamentos, deportes e...

Tomiño presenta a súa axenda de verán: concertos, teatro, campamentos, deportes e patrimonio

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tomiño vén de publicar unha avultada axenda de verán, con máis de 50 actividades que terán lugar entre os meses de xuño e setembro. Os concertos, as xeiras polo patrimonio histórico-artístico, natural e etnográfico, o teatro de rúa, o cine ao aire libre, e os cursos e campamentos de verán, enchen de contido unha axenda que espera dar moito de si.

Unha das primeiras citas será “Non hai ladrón que por ben non veña”; unha obra da Escola Municipal de Teatro, este domingo 17 de xuño, ás 20.30h no Auditorio de Goián. Entrada libre. O día de San Xoan, 24 de xuño, actuará en concerto a Agrupación Musical de Goián,
celebrando o seu XX aniversario. Será tamén no auditorio, a partir das 19.30 horas.

No mes de xullo, chega de novo á Praza do Seixo, o ciclo “O Son da Praza”, con concertos e festivais musicais, coma o Barrantes Folk (sábado 14, 22.30h) ou o XXV Encontro dos Pobos (sábado 21. 22.30h).

Contra o final de mes, será o Encontro de Bandas de Música de Goián, o que se instale no Espazo Fortaleza de Goián (venres 27, 22.30h), e o sábado 28, chegará o momento máis estelar, co concerto “Readmirando a condición” da cantora coruñesa SES (Praza do Seixo. 22.30h). Todos estes espectáculos, para todo público, serán de balde.

En agosto, segue a música con “O Son da Praza” e o Galicat Jazz Quartet (domingo 5. 22.30h) e Sonus de Gaia (sábado 11, 22.30h). O venres 24 de agosto volve a banda de
Goián con Ei cantar coa Agrupación Musical de Goián (Praza do Seixo, 22.30h), e rematan o ciclo o Quinteto Rubato e Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia (sábado 25, 22.30h), e A banda da loba, cinco mulleres que dan voz a un repertorio musicalizado de poetas célebres (venres 31Praza do Seixo, 22.30h).

VARIEDADE

Paralelamente, en xullo e agosto, realizaranse tamén actividades relacionadas ca Aula-
Museo Antonio Fernández (exposicións, rutas, certame de pintura ao aire libre, etc.) e
co Tomiño Único (visitas guiadas para descubrir o rico patrimonio da zona, por exemplo, o Monte Tetón, as fortalezas, ou o Camiño de Santiago).

Asemade terán lugar diferentes campamentos e cursos, coa participación do Grupo de
Voluntariado Local. E haberá unha serie de actividades especialmente pensadas para
os máis pequenos (Érase unha vez a arte, saída fotográfica, cine ao aire libre, etc.) e
diversos campus e cursos deportivos, que serán o complemento ideal para a programación cultural. Neste eido destacan os campus de atletismo, rugby e balonmán, que se celebran por 1ª vez.

En setembro destacan os actos relacionados cos festexos patronais do Alivio, e en outubro e novembro, cursos, obradoiros e xornadas. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salientou o carácter amplo e inclusivo da axenda de verán, deseñada pensando en ofrecer actividades para todos os públicos, idades e intereses, de xeito que tomiñeses e tomiñesas teñan alternativas de ocio de calidade e, na súa maioría, de balde, durante a época estival. Asemade, búscase axudar dende o Concello a conciliar a vida laboral e familiar dos pais e nais que traballan fora da casa.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...