InicioCulturaPreséntase en Gondomar "O libro dos nenos", xoia oculta da educación en...

Preséntase en Gondomar “O libro dos nenos”, xoia oculta da educación en Galicia, 63 anos despois

PUBLICADO O

O vindeiro luns 18 de xuño ás 12:00 Antía Cal visitará na localidade de Gondomar un colexio con nenos de 3 a 6 anos que leva o seu nome para facer entrega de O libro dos nenos, que permaneceu oculto 63 anos. Hoxe, convertido case nun libro-obxecto, chega ás librerías.

En 1955, a pedagoga Antía Cal presentou un manuscrito inédito a un premio que convocara o Lar Galego de Caracas. Ese manuscrito inédito era unha enciclopedia de xeografía escrita en galego, para os nenos e as nenas galegas e pensada para achegarlle coñecementos sobre xeografía física, política, económica, climatoloxía, hixiene, con especial atención á descrición de Galicia.

Antía presaxiou con este libro a materia que moitos anos máis tarde pasou a denominarse “Coñecemento do medio”. Desgrazadamente, non se publicou nin chegou ás aulas tan necesitadas naquel momento de este tipo de materiais, para deixar atrás a escola memorística e introducir unha ensinanza máis sensorial, humanista…

A Deputación de Lugo editou agora O libro dos nenos. 63 anos despois de escribilo por fin ve a luz. Unha enciclopedia urxente escrita para os nenos galegos en galego. Un libro de xeografía que de ter chegado ás aulas tería cambiado as nosas escolas. 

Antía Cal escribiu este libro para darlle solución á educación dos seus propios fillos porque nos plans de estudos do momento unha boa parte de todo isto non se estudaba na escola. A escola franquista non deixa lugar para esta nova pedagoxía.

Anos máis tarde Antía fundaría en Vigo a Escola Rosalía de Castro (1961) onde se practicou unha pedagoxía de renovación e onde o contacto dos alumnos coa realidade exterior que os rodeaba era unha permanente.

Luís Seoane dixo do libro: “Puede llegar a ser útil en el caso de Galicia, por desgracia hasta para nuestros campesinos. Un libro infantil también resulta ser para los mayores y muchas veces, casi siempre, son éstos quienes deciden su éxito. Creo que puede ser de una gran utilidad. El comienzo además de una literatura infantil en idioma gallego que resuelva muchas necesidades de Galicia”. 

 Considerado unha “xoia da historia da educación en Galicia”, este libro defende a fala dialectal por riba do galego normativo. Así no seu prólogo: “A língoa que empregamos é diversa, porque todos os xeitos e verbas dela son nascidos do povo que a fala, defende e conserva. Ansi é galego e respetabel o neno de Lugo que di chao como o de Pontevedra que di chán; galego é a verba sobor e tamén en galego dícese sobre”.

Engadía Antía que “a nosa fala, por non haber tido cultivo oficial e ainda varios séculos sin cultivo literario, por ser sobre todo unha fala que se escribeu e que se leeu pouco nos meios populares, deu lugar, ainda que pareza extrano, a unha grande evolución nos vocablos e diste xeito ten moita mais riqueza e menos fixeza que si estuvera domeada polas reglas das Academias. Si isto é un bon ou un mal non o imos a discutir agora, pero debemos procurar escribir un galego popular si queremos seren entendidos”.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...