InicioCulturaOs estudantes de Tomiño aprenden a dobrar cine en galego con escenas...

Os estudantes de Tomiño aprenden a dobrar cine en galego con escenas de Crepúsculo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Preto de dous centenares dos cursos de 1º e 3º de ESO, do IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño, veñen de vivir unha experiencia moi especial. Trátase dun Obradoiro de Dobraxe, impartido polos actores galegos Suso Pando e Manuel Pombal (dous dos membros do grupo Fulano, Mengano e Citano).

A actividade, enmarcada dentro do programa do Departamento de Normalización Lingüística, ten coma obxectivo achegar aos mozos e mozas ao proceso de dobraxe, amosándolles que o idioma galego ten riqueza suficiente coma para transmitir unha mensaxe de interese.

Foron catro días de obradoiros, polos que pasaron todos os primeiros e terceiros cursos de ESO, entre o 21 e o 24 do mes pasado. Era a primeira vez, para case todo o alumnado, de tomar contacto cun estudo profesional de dobraxe e participar, coas súas propias voces, na gravación dunha escena.

Tamén para os dous actores veteranos, era a primeira vez que traballaban con estudantes de Secundaria. “Tentamos explicarlles o proceso completo de dobraxe dunha forma teatral”, explica Suso Pando. Logo da explicación, os actores proxectan unha escena dunha coñecida película de vampiros, en xaponés para máis inri.

A continuación, cámbiase a letra orixinal por outra humorística, en galego, e divídese a clase en tres grupos, para que ensaien as frases que lles tocou a cada un. Tras os ensaios,  resta animarse a ser actor ou actriz de dobraxe por un día, e prestar a voz para representar un personaxe. Por último chega o mellor momento: ver de novo a escena dobrada, e recoñecerse entre risas e sorpresas. 

 

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Deteñen un home en por presunta agresión á súa nai octoxenaria

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.I.R., de...