InicioCulturaOs festivais audiovisuais da provincia, todos baixo unha mesma marca de calidade

Os festivais audiovisuais da provincia, todos baixo unha mesma marca de calidade

A Deputación de Pontevedra mantén axudas a estes eventos, que crearán unha marca conxunta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Deputación de Pontevedra manterá as axudas económicas a festivais de cinema da provincia, que traballan na creación dunha marca conxunta baixo a que se agruparán os certames de cara a impulsar a súa calidade e seguridade.

A presidenta provincial, Carmela Silva, mantivo este luns un encontro telemático cos organizadores das principais citas audiovisuais da provincia: Play Doc de Tui, FIC de Bueu, Festival de Cans do Porriño, Curtas Armadiña de Poio, Novos Cinemas de Pontevedra, Curtas Filme Fest de Vilagarcía e Festival de Cinema Inclusivo, Freaky Filme e Primavera do Cinema, estes últimos, de Vigo.

Co compromiso de manter subvencións e achegas económicas, os eventos confirmaron que aprazan a súa celebración ao último trimestre do ano, cando xa terán unha “marca propia de calidade” baixo a que se agruparán e que será presentada en xullo, despois das eleccións autonómicas.

O obxectivo desta marca é facer que o cinema “poida entrar noutros circuítos de promoción da provincia” e contribuír ao “modelo de turismo cultural e sustentable” de Pontevedra.

Pola súa banda, a Deputación pontevedresa comprometeuse a pór en marcha “unha potente campaña” de promoción destes certames, ademais de comprar un lote de entradas que serán sorteadas polo ente provincial.

PROTOCOLO SEGURIDADE

De cara á reprogramación dos festivais no último trimestre do ano, organizadores e institución estudan a posibilidade de elaborar un modelo único para os eventos e así “harmonizar” os protocolos de seguridade.

Neste sentido, a presidenta provincial comprometeuse a pór a disposición dos eventos “todo o material do que dispoñamos, tanto de sinalización, de deseño de espazos e mesmo de protección como os dispositivos móbiles de control de temperatura, ademais da formación necesaria para usalos”.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...