InicioCulturaO escritor vigués Fran Alonso, novo director de Edicións Xerais

O escritor vigués Fran Alonso, novo director de Edicións Xerais

PUBLICADO O

- Advertisement -

O escritor vigués Fran Alonso foi nomeado novo director de Edicións Xerais polo grupo Anaya, propietario da editorial con sede en Vigo.

Deste xeito, Alonso sucede a Manuel Bragado quen, logo de máis de 20 anos á fronte de Xerais, anunciou a pasada semana que abandonaba o posto por razóns persoais para volver ao seu posto como mestre de primaria.

Fran Alonso, nacido en Vigo no ano 1963, pertence desde 1992 ao cadro de persoal de Xerais, onde desempeñou diferentes funcións dentro do ámbito editorial e empresa na que exercía como subdirector de ‘Edición Xeral’.

Cunha trintena de libros ás súas costas, empezou a súa traxectoria profesional no mundo do xornalismo, sector no que colaborou en diferentes medios como La Voz de Galicia, El País ou A Nosa Terra, entre outros.

Ademais, ocupou o cargo de vicepresidente da Asociación Galega de Editores, entidade na que permanece como membro da súa xunta directiva.

ÚLTIMAS

O TSXG dá a razón ao Concello de Vigo no caso do concerto de Guns N’ Roses e evítalle pagar 1,5 millóns á promotora

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso presentado polo Concello...

Caballero carga contra Rueda polo ‘non’ á Facultade de Medicina en Vigo: “Defende un privilexio feudal”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu arremeter este luns contra o presidente da...

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...