InicioCulturaA declaración do Corpus de Ponteareas como BIC comeza a tomar forma

A declaración do Corpus de Ponteareas como BIC comeza a tomar forma

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, reuníuse hoxe co presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, para entregarlle en man o dossier da solicitude do recoñecemento BIC (Ben de Interés Cultural Inmaterial).

Logo de que a concelleira de Cultura e Turismo, Hortensia Bautista, lle trasladara á dirección xeral da Consellería de Cultura a solicitude, o goberno local segue a traballar “para que todas as institucións implicadas na toma da decisión e na valoración da proposta dispoñan da información e documentación precisa”.

O Consello da Cultura Galega puido coñecer da man do Alcalde “todas as peculiaridades da
nosa festa de interese turístico internacional que conta con máis de 160 anos de historia
documentada e con todos os requisitos necesarios para ser declarado Ben de Interese Cultural Inmaterial”.

“Pola súa tradición, por ser o pobo o portador e transmisor, pola técnica, polos materiais e pola singularidade desta arte floral, as alfombras de Ponteareas reúnen as condicións requeridas para obter maiores e novos recoñecementos”, motivo polo que o goberno da este novo paso diante dun organismo que se encargará de estudar e valorar a proposta, ao ser un órgano de obrigada consulta para obter este recoñecemento.

O Alcalde de Ponteareas adiantou a Villares a súa intención de seguir dando pasos para obter todos os recoñecementos posibles para as alfombras florais de Ponteareas que son para este goberno “algo máis que tradición, son unha arte consagrada que reúne creatividade, técnica, diversidade e calidade de materiais e a coordinación dun equipo humano que traballa de xeito desinteresado”.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...