Home Cultura A movida viguesa, premiada 40 anos despois

A movida viguesa, premiada 40 anos despois

0
A movida viguesa, premiada 40 anos despois
GRupo rompente © Miguel Nuñez

A Xunta escolleu a cidade de Vigo como escenario da gala de entrega dos Premios da Cultura Galega, que este martes rendeu homenaxe ao fenómeno da ‘movida viguesa‘ como elemento crave na identidade cultural da cidade e de toda Galicia, coincidindo co 40 aniversario do inicio deste movemento.

Nesta edición, o xurado premiou a: Xesús Alonso Montero na modalidade de letras; a Soidade Penalta na de artes plásticas; a Monicreques de Kukas na categoría de artes escénicas; a Amancio Prada na de música; á serie de televisión ‘O sabor das margaridas’ no apartado de audiovisual; a Pilar Ponte Patiño no de lingua; á restauración do Pórtico da Gloria na modalidade de patrimonio cultural e ao programa Galego en Londres na de proxección exterior.

En concreto, a gala celebrarase no Teatro Afundación de Vigo e contou con actuacións que conectou a escena contemporánea galega cos “grandes referentes culturais de inicios dos anos 80“. Así, actuaron artistas como Tanxugueiras, Escola de Danza Media Punta de Vigo ou Fachendoso, que será o encargado das transicións da gala. Ademais, terá lugar unha performance poética por parte do grupo Rompente, a cargo de Antón Reixa, Manolo Romón e coa música de Julián Hernández.

En paralelo, a artista baionesa Lula Goce elaborarou un mural de gran formato con referencias á cidade de Vigo, que formou parte da escenografía do acto e que, con posterioridade, será instalado nun espazo da cidade. Actualmente, Goce é unha artista de arte urbana con fama internacional que realizou murais en Nova York, Acerbaixán, Virginia ou Hannover.

A gala dos Premios da Cultura Galega quixo ser unha homenaxe ao movemento da ‘movida viguesa‘, pondo o foco no seu carácter transformador, na súa capacidade para proxectar a cultura de Galicia en todo o mundo e na súa influencia na identidade de Galicia e dos seus creadores, que queda reflectida nalgúns dos artistas que participarán activamente na gala.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here