InicioCulturaO vigués David Hernández estrea 'La felicidad de los perros" nos cinemas...

O vigués David Hernández estrea ‘La felicidad de los perros” nos cinemas galegos

PUBLICADO O

- Advertisement -

‘La felicidad de los perros’, opera prima do director de cinema vigués David Hernández, estréase en salas este venres 13 de decembro. A película estivo seleccionada en varios festivais, sendo premiada no 56º Festival Internacional de Cinema de Xixón (Premio DCP Deluxe) e na 8ª Primavera do Cinema en Vigo (Premios á mellor longametraxe do xurado e de público).

Poderá verse en Vigo cun pase especial con presenza do director este venres 13 de decembro ás 20:10 e en Santiago, tamén cun pase con presenza do director o 14 de decembro ás 20:00. En Lugo darase un pase único con asistencia do director o 19 de decembro ás 20:45. E en Ferrol farase un pase único con presentación e coloquio a cargo de David Hernández o 20 de decembro ás 19:45.

‘La felicidad de los perros’ / David Hernández.

A primeira longametraxe do cineasta vigués é un drama que ten como protagonista a César, un home en paro, que sente atrapado nun mundo que non lle dá ningunha oportunidade e ante o cal decide cambiar o rumbo da súa vida. O papel principal está encarnado por Fran Paredes, actor moañés, cunha longa traxectoria en teatro e televisión e para o cal é o seu primeiro papel protagonista nunha longametraxe. A repartición complétase cos actores galegos Deborah Vukusic, Isabel Naveira e Santi Prego, recentemente nomeado ao Goya ao actor revelación polo seu papel de Francisco Franco na última cinta de Alejandro Amenábar.

A película rodouse entre Galicia, Zamora, Madrid e Portugal, un proceso de produción que durou ao redor de tres anos desde o inicio dos traballos ata o peche da edición. Trátase dunha produción 100% galega do mesmo xeito que o equipo técnico e creativo, con Adarme Visual á cabeza e coa colaboración da La Panificadora, Y la nave va y Oh Drama!

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...