InicioCulturaA rodaxe de 'María Solinha' terá localizacións en Redondela, Cangas e A...

A rodaxe de ‘María Solinha’ terá localizacións en Redondela, Cangas e A Toralla

O filme relata a historia dun director de teatro que chega a Cangas para reconstruír a lenda de María Solinha, unha viúva rica do século XVII que foi acusada pola Inquisición de practicar a bruxaría.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As localidades de Redondela e Cangas, e a viguesa illa de Toralla serán os escenarios da rodaxe da película ‘María Solinha’, producida por Vía Láctea Filmes e dirixida polo cineasta Ignacio Vilar.

O propio director, acompañado polo responsable da Agadic, Jacobo Sutil; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas; e as actrices Graal Montes e Laura Míguez, presentou este martes o inicio da rodaxe do filme, que terá lugar entre o 19 de agosto e o 20 de setembro.

Esta película, que conta con financiamento da Agadic e da Deputación de Pontevedra, relata a historia dun director de teatro que chega a Cangas para reconstruír a lenda de María Solinha, unha viúva rica do século XVII que foi acusada pola Inquisición de practicar a bruxaría.

Jacobo Sutil lembrou que este filme é un dos traballos que lograron subvención na convocatoria de axudas da Agadic, dentro da modalidade de longametraxes de ficción, de autoría galega e que contribúan a resaltar a diversidade cinematográfica de Galicia.

Así mesmo, puxo en valor a “oportunidade” que Ignacio Vilar ofrece en cada novo proxecto ás novas xeracións de intérpretes galegos, como o caso de Graal Montes e Laura Míguez, que encabezan un elenco no que tamén estarán Mabel Rivera, Antonio Durán ‘Morris’, Alfonso Agra ou Mela Casal, entre outros.

Pola súa banda, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, apostou por converter a provincia nun “estudio de cinema”, para impulsar a “creatividade” e o “talento” de Pontevedra e de Galicia.

Silva fixo tamén fincapé na figura de María Solinha, unha muller “perseguida e violentada” por unha sociedade patriarcal, do mesmo xeito que outras mulleres que, ao longo da historia, sufriron discriminación por “querer ser independentes, por ter riqueza que o patriarcado non asumía que estivese en mans femininas”.

ÚLTIMAS

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do...

Stellantis Vigo volve apelar á “flexibilidade” e redución de custos ante a competencia “desapiadada”

O director de Stellantis Vigo, José Luís Alonso Mosquera, apelou este venres á "flexibilidade"...

O financiamento de ‘Peiraos do Solpor’ enfronta a Caballero e Autoridade Portuaria, que se piden mutuamente “lealdade institucional”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu novamente este xoves contra o Porto olívico, ao que...

Carla Simón desenterra en Cannes os recordos dunha xeración “perdida” pola sida co filme ‘Romería’, rodada en Vigo

A cineasta Carla Simón desenterrou no Festival de Cannes os recordos da xeración dos...