InicioMovementos SociaisDous vigueses lanzan unha canción en defensa da activista palestina Ahed Tamimi

Dous vigueses lanzan unha canción en defensa da activista palestina Ahed Tamimi

“Queremos chamar a atención da opinión pública internacional do xenocidio que está cometendo Israel, contra o pobo palestino”, apuntan os seus impulsores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este 25 de xullo, coincidindo co Día Nacional de Galicia, lanzábase a través das redes sociais e da plataforma Youtube o videoclip “No podrán contigo Ahed” dedicado á moza Ahed Tamimi, militante palestina detida por Israel.

O tema musical é unha idea do escritor e político galego Lois Pérez Leira, que compuxo unha poesía que musicou o artista vigués José Antonio Alcalde “Tono Alcalde”. A canción mencionada será interpretada posteriormente noutros idiomas, especialmente en árabe.

O proxecto naceu o mesmo día que detiveron a Ahed. “Indignoume a actitude represora do goberno sionista de Israel. Púxenme a escribir con rabia. E cando a tiña terminada chamei por teléfono a Tono Alcalde, que estaba de xira por Rusia e pedinlle que si me podía compoñer a canción”, apunta Pérez Leira.

Con esta iniciativa preténdese “chamar a atención da opinión pública internacional do xenocidio que está cometendo Israel, contra o pobo palestino”, destaca. “Creo que unha canción pode ser máis contundente que outras formas de denuncia. Este é o noso grao de area”, engade.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...