InicioCulturaÚltimo paso para a declaración da Reconquista de Vigo como Festa de...

Último paso para a declaración da Reconquista de Vigo como Festa de Interese Turístico Nacional

O alcalde, Abel Caballero, reunirase en Madrid coa secretaria de Estado de Turismo, Isabel María Oliver, para ultimar a declaración.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que este xoves se reunirá en Madrid coa secretaria de Estado de Turismo, Isabel María Oliver, co obxectivo de ultimar a declaración da conmemoración da Reconquista como Festa de Interese Turístico Nacional.

Caballero explicou que a secretaria de Estado lles indicou que está “todo listo” para o outorgamento da distinción á celebración e sinalou que tamén se porá en contacto coa ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, para abordar este tema.

Ademais, reivindicou o patrocinio exercido polo Concello olívico e a Deputación de Pontevedra respecto deste evento e apuntou que traballará para que a Zona Franca se some a este proxecto.

Precisamente, o pasado mes de maio a Xunta remitiu un informe favorable ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para que a Reconquista de Vigo fose declarada como Festa de Interese Turístico Nacional.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...