InicioCulturaA Guarda convoca aos seus mestres artesáns

A Guarda convoca aos seus mestres artesáns

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello da Guarda organizará a vixésimo oitava edición da Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira os días 6, 7 e 8 de xullo. Como en anteriores edicións, o festexo gastronómico completarase coa celebración da tradicional Feira de Artesanía na rúa do Porto.

Os artesáns e as artesás interesadas en participar deberán enviar a súa solicitude  debidamente cumprimentada, xunto coa documentación especificada nas bases, antes do vindeiro 25 de maio ao correo electrónico turismo@aguarda.es.

 O mercado artesanal celebrarase os días 7 e 8 de xullo e a participación no mesmo será gratuíta. Para máis información, as persoas interesadas poderán achegar á Oficina de Turismo do Concello da Guarda (Praza do Reló, s/n), chamando ao teléfono 986 614 546.

Eixencias que serán de obrigado cumprimento para os participantes:

• Tan só poderán participar postos de artesanía. Polo que non se aceptan postos
de revenda ou de segunda man.
• A participación é gratuíta para o artesán.
• É obrigatorio participar os dous días: 7 e 8 de xullo.
• O horario deberá ser respectado por todos os participantes. O posto deberá
estar montado ás 11.00 e poderase desmontar a partir das 20.00 horas. No
caso de choiva non se esixirá cumprir este horario.
• A organización pode solicitar a carta de artesán a aqueles interesados que así
o considere. Para axilizar a organización recomendase remitir a copia da carta
de artesán ou ben xustificar por que non se ten.
• O Concello será o responsable da elección dos artesáns convidados e como nas
edicións anteriores valorarase a aqueles artesáns que xa participaran na
edición pasada. Excluiranse aqueles que incumprisen as bases.
• O Concello facilita un stand de dous metros a cada artesán e non se poderá
mover do lugar indicado pola organización. Non haberá luz artificial.
• O posto será acondicionado polo artesán. É obrigado colocar no fronte o cartel
anunciador da festa gastronómica (repartirase o a cada artesán no primeiro
día da feira).
• O stand pódese aumentar con outro pequeno posto ou colgador de roupa
SEMPRE que non ocupe máis dun metro. Procúrase que todos os stands teñan
un tamaño e aspecto semellante.
• O persoal responsable da Feira encontrárase na carpa da Festa da Lagosta e
da Cociña Mariñeira para atender calquera dúbida ou problema que xurdira
durante a feira.
• A recepción deste escrito non implica a participación na feira de artesanía.
• Persoa de contacto: Rosalía (Oficina de Turismo) no tel. 986 614 546. Teléfono
de contacto para os días da feira: 620.795.901
• O Concello da Guarda como organizador pode modificar as condicións sendo
comunicadas previamente ós artesáns.
• A participación na feira implica a aceptación das presentes bases.

Para solicitar a participación na Feira de Artesanía da Festa da Lagosta da
Cociña Mariñeira:
-Remitir a solicitude cumprimentada completa a turismo@aguarda.es e incluír a
documentación.
-Prazo de entrega das solicitudes: 25 de maio de 2018

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...