
Cal é a situación dos medios en galego, o monopolio informativo dos grandes grupos mediaticos galegos, a importancia de ter unha información alternativa ou as importantes relacións entre os poderes políticos e os medios de comunicación tradicionais. Estes foron algúns dos temas que abordaron este xoves en Vigo os directores dos tres principais medios en galego do país; Xurxo Salgado, director do Galicia Confidencial, David Lombao do Praza Pública e María Obelleiro, do Sermos Galiza.

Unhas reflexións que tiveron lugar nunha mesa redonda, moderada polo catedrático e profesor na Facultade de Comunicación da USC, Xosé López , que tivo lugar na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) e estivo organizada polo Colectivo Pertenza. Nela falouse, sobre todo, da importancia e do futuro dos xornais dixitais galegos.
Durante a charla, os tres directores abordaron a situación das tres grandes cabeceiras en galego, así como o panorama comunicativo de Galicia. Un panorama dominado por grandes grupos de comunicación fortemente subvencionados polo poder político.
Ademais, destacaron a importancia dos roles xornalísticos dos medios en galego como “vixilantes e críticos” coa realidade comunicativa e política imperante e como garantes dunha información alternativa e plural.

RETOS
Na mesa redonda tamén se falou das estratexias para implicar aos cidadáns no producto xornalístico e na elaboración das pezas, a participación ou a estratexia en redes sociais, así como dos modelos económicos e plans de sustentabilidade destes medios. Unha situación, a da sustentabilidade económica destes medios, que estivo moi presente durante toda a charla, posto que a maior parte destes medios poden sobrevivir grazas ás achegas económicas dos seus lectores ante o boicot publicitario de determinadas institucións, nomeadamente, a Xunta de Galicia.

Logo da intervención de Salgado, Lombao e Obelleiro abriuse unha quenda de preguntas na que o público estivo moi participativo e insistiu en cuestións como a necesidade de manter unha información alternativa en galego, nos plans de viabilidade dos medios, en artellar iniciativas comúns ou nos retos de captar ás novas xeracións.
Segundo Praza Pública certamente naceu con vocación de VIXIANTE e o amosa na elección do seu sistema de comentario https://disqus.com/ que nin é galego nin protexe a privacidade dos lectores…
Algo fundamental no mundo dixital, non só é cuestión de anonimato senon de respectar certa PRIVACIDADE fundamental para que os lectores podan fiarse dos medios…(?)
E terceiro agraceder a Manolo Focadela a edición do vídeo que nos permite acceder a esta interesante mesa de xornalismo alternativo…
Os que presumen de compromiso co país… sería ben reflexionar por que imos buscar ferramentas tecnolóxicas a Berlin cando existían ferramentas tecnolóxicas moi avanzadas en galego e ninguén acreditou nelas nin asumiu responsabilidades…
https://i.gal/gamelaCabozo
En canto á participación dos lectores vimos demandando unha apertura á cidadania como é o GCAberto que botamos en falla neste medio Xornal de Vigo e Comarcas !
Gracias por seguir aí… e ogallá sexa por moitos anos polo ben da libertade de información e de expresión en GALICIA !
e por último dicir que sí precisamos manter e coidar a COMUNIDADE DOS LECTORES se queremos transformar as cousas… e facer das RR.SS. o único camiño posible das intervencións lévamos a o mundo instantáneo e de puro big data que non recoñece a colaboración dos usuarios dos medios…?
Pero cada quen elixe o modelo que prefire… o malo é que volvemos a facer GUETOS que non levan a ningures dende un punto de vista informativo… os xonalistas deben estar ao servizo da Comunidade aínda que ás veces poda resultar DURO pero a longo plazo penso que todos sairemos gañando o futuro!
En canto ás noticias falsas e as redes sociais cómpre deternos un chisco a pensar que é o que estas redes alleas a nós están a facer no campo da DESINFORMACIÓN
https://i.gal/FalsasRedes
Gracias por este artigo e por esta charla de tanto valor para o futuro dos medios en Galicia !
Vigo precisa ter voz propia nos medios de comunicación !
Critican aos grandes medios e namentres piden cartos para eles. O de sempre, vitimismo.
Por favor, un pouco de autocrítica. Seguen facendo produtos mediocres. Recoñécolle a estes rapaces que bastante fan con sobrevivir.
Todo é cuestión de cartos, señores. Busquen fontes de financiación, senón as atopan é imposible ter eses medios que reclaman.
A Tamara igual se lle ocorre un bo “convenio” con Abel Caballero para os medios “alternativos” ?
Pero discrepo rotundamente en que todo sexa cuestión de cartos… !!!
https://cabozo.com/wordpress/?p=1601
Un bo proxecto dirixido á xente común, que fale do que verdadeiramente importa e que publique datos sensíbeis para denunciar os abusos do poder en calquera institución… sería sempre un proxecto con futuro e a súa COTIZACIÓN subiría exponencialmente se é certo que aínda vivimos na Sociedade da Información… (?)