InicioCultura"Tapearte", unha nova ruta gastronómica na Guarda

“Tapearte”, unha nova ruta gastronómica na Guarda

PUBLICADO O

- Advertisement -

A V edición da ruta gastronómica «Tapearte» comezará a vindeira fin de semana. Preto dunha vintena de establecementos hostaleiros participarán na ruta, na que se ofertarán variadas tapas a un prezo único de 2€.

A Guarda acollerá a quinta edición da ruta gastronómica «Tapearte» a partir do
venres 18 de abril. Veciñanza e visitantes poderán degustar preto dunha vintena de diferentes tapas nos establecementos guardeses participantes, que ofrecerán as súas creacións a un prezo unitario de 2€.

Chipiróns encebolados / Turismo A Garda

A ruta gastronómica, organizada polo Concello da Guarda, terá lugar os venres,
sábados e domingos durante tres fins de semana consecutivas, dende o 18 de maio
ata o 3 de xuño. O seu obxectivo é impulsar a gastronomía local e promocionar as
populares alfombras florais do Santísimo que se realizarán no casco antigo da vila na
noite do sábado 2 de xuño.

Nesta nova edición, «Tapearte» contará cun total de 19 bares e restaurantes
guardeses adheridos: Alameda, Art Café, Bitadorna, Boc & Pix, Camping Santa Tecla,
Celtic, El Paseo, Enxebre, Kanella’s, La Botica, La Casilla, La Pizzicata, Marbella,
Novo Funil, O Cangrexal, Pool Chaos, Xantar, Xeio e Y la luna?.

Outras mostras da presente edición / Turismo A Garda

Os «ruteiros» e as «ruteiras» contarán cun pasaporte no que, ademais da información
necesaria para a realización do seu propio itinerario gastronómico, poderán selar
aquelas tapas que xa teñan degustado e participar en sorteos de produtos. Para isto, será preciso depositar os pasaportes cun mínimo de 6 selos nas urnas que estarán
dispoñibles en cada un dos establecementos participantes e na Oficina de Turismo do
Concello da Guarda. Ademais, aquelas persoas que reúnan un mínimo de 10 selos,
recibirán un agasallo directo.

Os participantes na ruta como comensais poderán, ademais, valorar a calidade das
tapas consumidas. Froito desta valoración, a organización anunciará aos gañadores do
Concurso da Mellor Tapa «Tapearte» 2018, con premios en dúas categorías: a tapa
mellor valorada e a preparación máis consumida.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...