InicioCulturaTributo do Primavera do Cine de Vigo a Manolo González, impulsor do...

Tributo do Primavera do Cine de Vigo a Manolo González, impulsor do audiovisual galego

PUBLICADO O

- Advertisement -

Manolo González xa ten o seu merecido recoñecemento. O produtor, guionista e investigador recibiu a mención honorífica do Festival Primavera do Cine de Vigo, que lle entregou a cineasta viguesa Xisela Franco na xornada inaugural da oitava edición do certame.

“O agradecemento é a memoria do corazón, que é o que nos fai poñer as cousas no seu sitio pasado certo tempo e é onde te dás conta de que sen todas esas persoas e sen ese conxunto de compañeiros de viaxe ti non fixeses absolutamente nada”, afirmou ao recibir o recoñecemento, nun acto no que se proxectou un vídeo cos agradecementos a González por parte de diversos persoeiros do cinema galego por impulsar o audiovisual galego, incluídos o cineasta e escritor Alberte Pagán, a teórica e xornalista Margarita Ledo, ou Beli Martínez, produtora do Novo Cinema Galego.

Tras a entrega do premio, proxectouse “No intenso agora”, documental de João Moreira Sáelles.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo propón un plan de 9,5 millóns de euros para frear os desafiuzamentos na cidade

O BNG de Vigo reclamou ao Concello a posta en marcha dun plan municipal...

A Fiscalía pide cárcere para un taxista e un albanel por senllas agresións sexuais en Vigo

A sala do Penal 3 de Vigo acollerá este mércores o xuízo contra un...

Piden 25 anos de cárcere para un home por acosar e ameazar de morte a xuíces, policías e avogados de Vigo

Un home enfróntase a penas que suman 25 anos de prisión como suposto autor...

A Audiencia de Pontevedra xulga a semana que vén a dous homes por agresións sexuais a menores

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá a vindeira semana dous xuízos...