InicioCulturaPlay-Doc internacionaliza Tui e o cine documental galego

Play-Doc internacionaliza Tui e o cine documental galego

O realizador afroamericano Billy Woodberry e o filipino Kidlat Tahimik inauguran a edición máis internacional do certame tudens, no que o cinema galego volverá brillar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival Internacional de cinema Play-Doc arrincou este mércores en Tui coa proxección da Story from Africa, do realizador afroamericano Billy Woodberry –un dos directores principais do movemento L.A. Rebellion (Los Angeles School of Black Filmmakers)–, no que analiza a situación tras a resolución da Conferencia de Berlín de 1885 sobre a partición de África polas potencias coloniais europeas.

Nesta primeira xornada XV edición de Play-Doc tamén se proxectou o filme Quen inventou o ioió? Quen inventou o vehículo luar?, de Kidlat Tahimik, pai do cine independente filipino, e na que se asocia cun grupo de cativos nunha granxa bávara para construír un cohete espacial para ir á Lúa e comprobar se alí é posible xogar ao ioió.

Tui acolle desde o 3 ao 7 de abril esta nova edición do festival, convertido xa nun referente a nivel internacional. Primeiras retrospectivas en España, estreas e cineastas de culto conforman unha das edicións máis ambiciosas do Play-Doc, que contará con outras lendas do cinema documental, como o norteamericano Bruce Weber, ademais dunha sección oficial chea de estreas españolas, así como un gran número de actividades paralelas que converterán a Tui no epicentro do cinema de non ficción durante cinco días.

CINEMA GALEGO

Un dos compromisos e obxectivos de Play-Doc é poñer en valor o enorme talento cinematográfico que hai en Galicia. Nesta sección mostraranse traballos recentes producidos en Galicia. Os títulos seleccionados son: A Typical Morning de Arancha Brandon, Empalaos- Valverde de la Vera de Iria Sanjurjo, Gallo de Antonio Díaz Huerta, Hamada de Eloy Domínguez Serén, Ilha de Alexandre Cancelo, Lucía en la Noche de David Varela, Manoliño Nguema de Antonio Grunfeld, Rexistros, Xeografía de San Sadurniño de Adrián Canoura e What you gonna do when the world´s on fire dirixida por Roberto Minervini coa dirección de fotografía a mans do galego Diego Romero Suárez-Chairo.

Inauguración da XV edición do Play-Doc / Miguel Núñez.

PLAY-DOC TV

Hai uns anos, Play-Doc e R, o operador de cable en Galicia, puxeron en marcha a Play-Doc TV, unha versión televisiva do festival en forma de plataforma de VOD cuxo obxectivo é achegar ao público, durante os 365 días do ano, un cinema á marxe dos circuítos comerciais dándolle así un maior alcance e visibilidade. Os responsables do festival anunciaron que  Play-Doc TV se expande, dando un paso máis e informaron que a partir deste mes abril se estende por todo o noroeste peninsular, sendo accesible non só en Galicia a través de R, senón tamén en Asturias, a través de Telecable, e en Euskadi con Euskaltel.

Para celebrar esta nova etapa nace unha nova sección dentro do festival, North by Northwest (título tomado do clásico de Hitchcock), na que teñen cabida películas procedentes do norte e noroeste peninsular. As películas que conforman este programa son a asturiana dirixida por Marcos M.  Merino, In Memorian (la derrota conviene olvidarla), a galega La Estrella Errante obra do realizador ferrolán Alberto Gracia, e última película da directora vasca Maider Oleaga, Muga Deitzen Da Pausoa- Paso al límite.

Inauguración da XV edición do Play-Doc / Miguel Núñez.

ÚLTIMAS

( Vídeo) Un guerreiro celta que empequeneceu ao Barça

O multiinstrumentalista galego, Abraham Cuperio, actuou este sábado na previa do RC Celta -...

Vigo ‘pecha’ o seu Nadal ante a alerta laranxa por temporal

Ante a alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior sobre fenómeno meteorolóxico adverso...

O conservatorio de Gondomar levará o nome de Conchita Quintas

Así o anunciou o alcalde Paco Ferreira durante o concerto de Santa Icía deste...

A Xunta dota de docente á unidade de Saúde Mental infanto-xuvenil do Cunqueiro

A Xunta dotou á nova unidade de hospitalización de Saúde Mental infanto-xuvenil do Álvaro...