InicioCulturaPuri Díaz, fotógrafa e cofundadora do proxecto FVCK: "Xa estamos inmunizados contra...

Puri Díaz, fotógrafa e cofundadora do proxecto FVCK: “Xa estamos inmunizados contra as imaxes máis cruentas”

Descobre que é o máis difícil de fotografar nesta nova entrevista de Xornal de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

FVCK, siglas de Fotografía Viguesa Contemporánea (sumándolles, iso si, algo de dobre sentido e irreverencia marca da casa), é unha nova iniciativa artística que naceu en Vigo da man de Puri Díaz e Cristina Brea, coa intención de “crear debate e dar visibilidade a todos os que usen a fotografía para expresarse“, subliñan. Numerosas charlas sucederanse durante todo o ano na sala Apóstrofe, a primeira estivo a cargo do fotógrafo Alejandro Novoa.

Falamos coa cofundadora Puri Díaz sobre esta forte aposta pola cultura gráfica na nosa cidade, así como da súa maneira de entender a arte da fotografía.

P- Cal será o tempo de vida de FVCK?

R- Xa temos programación ata final de ano. Durará o que teña que durar. Queremos motivar a toda a comunidade fotográfica de Vigo e arredores, invitada a participar e aportar ideas polo ben de todos. Tanto Cristina como eu somos ionquis da imaxe, así que a idea é que dure, con fotografía de autor e técnica, analóxica e dixital… Queremos que sexa algo que aglutine a todo o mundo, sen excluír aos que non teñan certos coñecementos.

Desde que os smartphone chegaron ás nosas vidas, todo o mundo fai fotos. Vivimos entre imaxes, pero o importante é que facemos con elas. Hai quen as emprega para contar, ou reivindicar, e quen as utiliza como instrumento de divertimento ou socialización, ou como algo íntimo, para coñecerse a un mesmo. Todo é válido, e ata unha mesma foto pode provocar emocións contrapostas en dúas persoas.

Alejandro, na súa charla para FVCK/ Miguel Núñez

P- Regresa entón, como di, a fotografía analóxica?

R- Estamos ante un revival bestial da fotografía analóxica. Por exemplo, Pep Paramos é un gran fan, gústalle chamarlle ‘fotografía química’. Na cidade da Coruña acaba de montar ‘El atelier del fotógrafo’, un estudo e multiespazo centrado nesta disciplina. Abriu hai un mes, e alí revelan carretes en cor e branco e negro, ofertará obradoiros de ‘fotografía química’… E hai máis persoas, como Edu Portela.

Claro que hai quen defende a ultranza o analóxico, e que o dixital nunca o mellorará, o cal encántame, sendo pro dixital, porque xera un debate moi sano. E iso que eu non retornarei nunca ao analóxico, pese a formarme con el: xa lles digo que son uns románticos. Pero se todos pensáramos igual sería unha merda, non habería de que falar. Debatendo, poñéndote na pel do outro, é como aprendes cousas novas.

Ao final o importante non é a ferramenta, senón o que fas con ela, se logras que emocione. Había un fotógrafo ruso que era indixente e pasou a súa vida fotografando mulleres a escondidas cunha cámara de madeira e cartón. Recollía os negativos de onde podía… E ten un arquivo brutal. E coñezo unha artista visual que emprega a fotografía e fai todas co móvil. Hai mil exemplos.

Público na xornada/ Miguel Núñez

P- Teño a sensación de que tanto nos certames internacionais como desde a opinión pública se tende a valorar moito a fotografía de traxedias e catástrofes, incluso imaxes que poderían clasificarse como morbosas, por riba doutras modalidades. É certo este prexuízo?

R- Nun conflito como o dos Balcáns hai máis fotográfos que refuxiados. Van a pola súa foto. E si que algúns certames internacionais tenden a premiar a este tipo de imaxes, estilo nenos mutilados, o cal impacta a primeira vista. Pero tamén existe lugar para otros proxectos máis personais e poéticos, de mirar e sentir, que non se poden explicar con palabras.

Tamén a moita xente lle falta cultura visual, e por iso luce máis o de fóra. Ven unha foto de Samil e non se sorprenden porque xa o coñecen. E logo ante unha de Canarias pensan: que xenial!, cando son unhas praias mil veces peor en realidade. Somos seducidos polo descoñecido, o de fóra, cando os máis grandes fotógrafos da historia xa deixaron constancia de que o máis difícil é fotografar a túa propia casa, vela con ollos novos. Teño ido a fogares de fotógrafos e atopar grandes imaxes que fotagrafar que nunca viran eles mesmos, vivindo alí. Por outra banda, podes ir a Tánger e só plasmar tópicos, sen contar nada.

Charla de FVCK na Sala Apóstrofe/ Miguel Núñez

P- Entón, sacar fotos da súa cidade ben podería resultar un gran desafío para un vigués.

R- Sacar fotos en Vigo é moi complicado, pero hai fotógrafos que se levantan e atopan cousas que ningúen máis ve. Respecto á crudeza, creo que neste momento estamos sobresaturados destas imaxes. Por iso, para min é íncrible e especial a fotografía dun edifificio destruido de Siria na que un señor está sentado escoitando un tocadiscos, mentres todo arredor foi destruido.

Creo que esa foto me emociona máis que unha cruenta da guerra. Xa estamos totalmente inmunizados, somos capaces de que haxa un conflito a 1000 quilómetros no que se cometan crimes contra a Humanidade, que nos chegue en imaxes e continuar ceando sen capacidade de empatizar. Porque ao minuto hai outra peor.

Cristina Brea e Puri Díaz/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...