InicioCultura"A señora Alicia", unha veciña de 90 anos de idade, recollerá o...

“A señora Alicia”, unha veciña de 90 anos de idade, recollerá o Premio da Cultura Galega ao Festival de Cans

O Festival de Cans, que neste 2019 alcanzará o seu XVI edición, non podería comprenderse sen a participación e implicación dos veciños desta parroquia do Porriño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival de Cans, que neste 2019 alcanzará o seu XVI edición, non podería comprenderse sen a participación e implicación dos veciños desta parroquia do Porriño (Pontevedra), polo que unha representación deles acompañará este venres ao director do certame, Afonso Pato, e á presidenta da Asociación Arela, Keka Losada, para recoller o Premio da Cultura Galega.

O festival confirmou, de feito, que será “a señora Alicia”, unha veciña de Cans de 90 anos de idade e a “máis entusiasta colaboradora” deste evento cultural, a que recolla o galardón, nun acto que se celebrará no Mosteiro de Montederramo, na Ribeira Sacra, e que estará presidido polo titular do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo.

Os veciños, cuxa delegación estará tamén acompañada pola alcaldesa do Porriño, Eva García da Torre, colaboran cada ano na celebración deste festival de cine cedendo as súas leiras, baixos das súas casas, ou ‘jalpóns’ (alpendres) para as proxeccións e charlas, ou poñendo a disposición da organización os seus ‘chimpíns’ (tractores e pequenos vehículos agrícolas).

Co Premio da Cultura Galega, este festival convértese nun dos eventos culturais de Galicia con máis recoñecementos, xa que conta co Premio da Crítica de Galicia á mellor iniciativa cultural, Premio Cultura da Deputación de Pontevedra ao mellor proxecto cultural innovador, ou Premio Internacional Ateneo de Ourense ao fomento da cultura, entre outros premios.

Ademais do Festival de Cans, no acto deste venres entregaranse os Premios da Cultura Galega a Xosé María Álvarez Cáccamo (Letras), Luz Darriba (Artes Plásticas), Festival Internacional Outono de Teatro-FIOT (Artes Escénicas), A Roda (Música), Antón Santamarina (Lingua), O Sorriso de Daniel (Patrimonio) e Ramón Villares (Proxección Exterior).

ÚLTIMAS

Zendal organiza no Porriño un encontro internacional sobre os desafíos da inmunización e a saúde global

A compañía biotecnolóxica Zendal organizará este venres, 24 de abril, nas súas instalacións do...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...