InicioCulturaO Marisquiño acollerá por primeira vez a final ibérica de DMC, competición...

O Marisquiño acollerá por primeira vez a final ibérica de DMC, competición mundial de referencia de DJs

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo acollerá o 9 de agosto, por primeira vez e no marco do XXVI Festival O Marisquiño, a final ibérica da competición mundial de referencia para DJs, o DMC, que reunirá a disc jockeys de España e Portugal en tres categorías: DMC Scratch, centrada en scratch puro sobre os pratos; DMC Classic, un formato de exhibición de seis minutos para construír unha rutina capaz de sorprender ao xurado e ao público; e DMC Open, unha categoría ‘freestyle’ con sesións de doce minutos na que os DJs poden desenvolver propostas máis persoais.

A valoración do xurado baséase en criterios como destreza técnica, musicalidad, creatividade e presenza escénica, e os participantes serán seleccionados a través dunha fase previa en liña para España e Portugal, con 8 prazas na categoría Scratch, 6 en Classic e 6 en Open. Os gañadores da DMC Iberia en cada categoría obterán praza para participar nos DMC World DJ Championships 2026, cuxa final mundial se celebrará o 14 de novembro en Londres. As inscricións poderán formalizarse entre o 9 de xuño e o 1 de xullo.

As finais de DMC Iberia en Marisquiño 2026 celebraranse o 9 de agosto, domingo, no recinto da praia de Samil. Ademais das finais das distintas categorías, a xornada incluirá talleres para DJs, demostracións técnicas e ‘showcases’ de DJs invitados e entrega de premios, nun programa previsto desde a mañá ata a noite.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...