InicioCulturaImaxinación en acción en Tomiño

Imaxinación en acción en Tomiño

A oferta inclúe inglés, multideporte, baile infantil, zhumba, linguaxe de signos e un obradoiro audiovisual.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un ano máis, o Concello de Tomiño financiou un programa de actividades extraescolares ao longo de todo o curso, apodado coma “Imaxinacción”, en distintos centros educativos do municipio, para beneficio duns trescentos nenos e nenas.

Coa oferta formativa, gratuíta para os estudantes, puideron escoller este curso entre inglés, multideporte, baile infantil, zhumba, linguaxe de signos e un obradoiro audiovisual.
As actividades ofertadas este curso escolléronse por nivel. Para Infantil, baile infantil e
“Imaxinacción”; para Primaria multideporte, lingua de signos, inglés e “ImaxinAcción/Entre Pantallas”. Por último, para o IES, zhumba e inglés.

Rodaxe de nenos
Xogando ao cine / Concello de Tomiño

Para a selección das actividades, tivéronse en conta diferentes criterios: as características de cada centro educativo, a acollida entre o alumnado (mínimo de 10 persoas), e a vontade de incentivar a empregabilidade e o emprendemento, polo que se contactou con profesionais da zona directamente, non con empresas.

ImaxinAcción é unha das actividades extraescolares máis novidosas que busca fomentar a
creatividade dos nenos e nenas do CEIP Tebra, CEIP Antonio Fernández, e CRA Mestre Manuel Garcés.

Un experimento teatral / Concello de Tomiño

Outra das actividades máis novidosas é a de Lingua de Signos, que pretende impartir técnicas instrumentais de comunicación entre as persoas xordas e as oíntes. O programa de actividades esténdese entre os meses de outubro de 2017 e xuño de 2018, e
representa un investimento que rolda os 15.000 euros.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra Álvarez, tamén concelleira de Educación, explica que este
programa tenta ofrecer accións formativas en igualdade, co propósito de que todo o alumnado poida asistir ás clases que elixa, sen que o custe das mesmas, sexa un impedimento para aprender e integrarse.

ÚLTIMAS

Novas mobilizacións en centros de Vigo: “a educación é un dereito e non máis recortes”

Membros da comunidade escolar do CEIP A Paz Tintureira de Vigo concentráronse este xoves...

Seguen as críticas cruzadas para que Balaídos sexa sede no Mundial de fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este xoves á Xunta e á Deputación...

Caballero ironiza sobre as vivendas da Xunta en Vigo: “Fan máis visitas que pisos constrúen”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ironizou este xoves sobre a nova visita da...

Reorganización do goberno local de Redondela con Vicente Lamas para substituír a Iván Vallés

O pleno do Concello de Redondela acolle este xoves a toma de posesión de...