InicioCulturaEladio y Los Seres Queridos estrean en formato físico o seu novo...

Eladio y Los Seres Queridos estrean en formato físico o seu novo álbum ‘B.S.O. 2005-2025’

O traballo gravouse con todos os músicos tocando en directo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cuarteto vigués Eladio y Los Seres Queridos, quen o 29 de maio deste ano estrearon o seu último álbum, ‘B.S.O. 2005 -2025’, estrean este venres este traballo en formato de vinilo. O álbum é unha homenaxe aos seus 20 anos de carreira como banda, no que recompilan dezaseis temas do seu catálogo agora revisitados coa axuda de colaboracións de Eva Amaral, Pucho de Vetusta Morla, Veiga, Fillas de Cassandra, Depedro e Gala Santos. Ademais, o traballo gravouse con todos os músicos tocando en directo.

“BSO é a nosa historia en cancións, a Banda Sonora dos nosos 20 anos e é Orixinal porque ten o seu son e universo persoal. É unha pequena e modesta historia pero ten luz propia, por iso quizais ninguén a puido apagar”, explicou o propio Eladio Santos. O grupo presentará os novos temas revisitados en Valencia, o 3 outubro en Vigo; o 10 outubro, en Santiago de Compostela; o 22 xaneiro, en Madrid; e o 23 dese mesmo mes en León.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...