InicioCulturaA Xunta remite ao Ministerio o plan de necesidades da Biblioteca de...

A Xunta remite ao Ministerio o plan de necesidades da Biblioteca de Vigo, que deberá contar con 8.000 metros cadrados

A Xunta de Galicia remitiu ao Ministerio de Cultura a actualización do plan de necesidades da futura Biblioteca Pública do Estado de Vigo, adaptando ao momento actual o informe enviado xa en 2020.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xunta de Galicia remitiu ao Ministerio de Cultura a actualización do plan de necesidades da futura Biblioteca Pública do Estado de Vigo, adaptando ao momento actual o informe enviado xa en 2020. Segundo informou o Executivo autonómico nun comunicado, neste novo documento volveuse a facer fincapé nas dimensións do edificio, incidindo en que deberá contar con polo menos 8.000 metros cadrados.

Estas dimensións, lembra a Xunta, xa foron propostas e finalmente aceptadas polo Goberno, a pesar de que a primeira opción acordada co Concello contemplaba un edificio da metade do tamaño. “A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude volve dar un paso adiante con respecto a un proxecto estratéxico para a Comunidade, chamado a ser un dos seus grandes referentes culturais”, subliñou. Todo iso tras a visita do ministro de Cultura, Ernest Urtasun, a Vigo a semana pasada, cando anunciou a licitación da redacción do proxecto da devandita biblioteca en 2026.

Tras a súa construción, será a Xunta quen asuma a xestión da biblioteca, chamada a ser a maior de todo o territorio galego, superando a de Ourense, con 7.000 metros cadrados, e as da Coruña e Santiago, que dispoñen de 6.200 e 5.800 metros cadrados, respectivamente. O Executivo galego avoga por un inmoble con múltiples espazos polivalentes, atendendo á idea da diversidade de usos, máis aló das funcións propias dun equipamento deste tipo.

Así, o informe reflicte a idea de darlle maior versatilidade á biblioteca, para a dinamización cultural da cidade con programación de actividades para todos os públicos, facendo especial fincapé no apartado infantil. Tamén se solicita a eliminación de todo tipo de barreiras arquitectónicas tanto nas áreas de uso público como nas de persoal.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...