InicioCultura"Petiscos con arte": os locais da Guarda mesturan exposicións coa mellor gastronomía

“Petiscos con arte”: os locais da Guarda mesturan exposicións coa mellor gastronomía

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Ruta “Petiscos con Arte” finaliza xa esta fin de semana despois de servirse máis de 1.200 petiscos na pasada fin de semana entre os 12 establecementos participantes. O evento, organizado a través da Concellería de Turismo, mestura a gastronomía e a arte para ofertar aos participantes unha experiencia para os sentidos cun total de 12 petiscos diferentes e 12 exposicións de temática variada: fotografía, pintura, escultura e ilustracións.

Os hostaleiros participantes serviron un aproximado de 100 petiscos cada un na primeira fin de semana e o balance xeral desta campaña é moi positivo, cunha boa afluencia de comensais, que aproveitaron para gozar da oferta gastronómica, á vez que admiraron as 12 exposicións que se poden ver en cada local.

Petiscos con arte/ Concello da Guarda

A Ruta “Petiscos con Arte” está aberta o venres e sábado en horario de mañá de 12:00h a 14:00h e tarde 19:00h a 21:30h. Os 12 establecementos participantes nesta edición ofertan un petisco ao simbólico prezo de 1,50€, elaboracións gastronómicas para todos os gustos con potaxes, “montaditos”, tostas, sushi, entre outros.

Segundo manifestou Montserrat Magallanes, Concelleira de Turismo da Guarda, a finalidade da ruta é promocionar a gastronomía e a arte na Guarda, dinamizando o tecido de hostalaría do municipio nesta tempada post-estival cun valor engadido como é a arte, con exposicións para todos os gustos en locais coma o Art Café, La Botica ou O Cangrexal.

Cada participante que degusta un petisco recibe unha papeleta que cumprimentar cos seus datos persoais e depositar na urna, para entrar no sorteo de 5 lotes de viño da Adega colaboradora Gran Novás. Haberá un pequeno acto de entrega aos premiados no sorteo (un premio por persoa).

ÚLTIMAS

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...

Caballero arremete e eleva a batalla polo Mundial 2030: “A Xunta non quere pagar Balaídos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu cargar contra a Xunta, asegurando que "non...

Vigo paraliza idea dunha facultade de Medicina tras o preacordo para a docencia descentralizada

A Xunta de Galicia e os reitores das tres universidades galegas acadaron un preacordo...