InicioCulturaVigo centra o inicio da rodaxe de 'Romería', a nova película de...

Vigo centra o inicio da rodaxe de ‘Romería’, a nova película de Carla Simón

PUBLICADO O

- Advertisement -

rodaxe de ‘Romería’, a terceira longametraxe de Carla Simón comezou a rodarse en diferentes localizacións de Vigo ata o mes de setembro.

Tras gañar con ‘Alcarràs o Oso de Ouro’ en Berlín e con ‘Estiu 1993’ o Goya á Mellor Dirección Novel e o Gaudí á Mellor Película en lingua catalá, entre moitos outros premios, a cineasta explora en ‘Romaría’ as relacións familiares inspirándose esta vez nas orixes da súa familia biolóxica paterna.

A película narra a historia de Marina que viaxa a Vigo para coñecer á familia do seu pai biolóxico, que morreu de sida, do mesmo xeito que a súa nai, cando ela era moi pequena. A través dos encontros cos seus tíos e avós, Marina tenta reconstruír un relato coherente do seu pai e da historia de amor que viviu coa súa nai, pero non o consegue: Todos senten demasiada vergoña cara aos conflitos de drogas da parella, algo que Marina lles lembra coa súa presenza.

Por iso, será a historia de amor adolescente que vive co seu primo a que lle permite reimaxinar aos seus pais e conectar con eles. Desta forma, inventa un conto, grazas ao diario da súa nai, que a libera do estigma que a súa familia sente por eles e cumpre o desexo de entender o pasado.

A historia sucede en dous tempos, un deles, a transición española, unha época na que se deixaba atrás unha longa ditadura, unha etapa de máxima apertura e experimentación na que algúns mozos romperon cos valores da xeración anterior.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...