InicioCulturaSaen á venda o martes 16 as entradas para Sen Senra en...

Saen á venda o martes 16 as entradas para Sen Senra en Castrelos

Haberá 5.000 pases para a platea a 10 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo porá á venda o vindeiro martes, día 16 de xullo, as entradas para o concerto de Sen Senra no auditorio de Castrelos, que se celebrará o 25 de xullo. Tal como informou o alcalde, Abel Caballero, estarán dispoñibles 5.000 pases para a platea, mentres que na bancada todos os asistentes poderán gozar do espectáculo de forma gratuíta.

Custarán 10 euros e venderanse de forma nominal nos despachos de billetes do propio auditorio de Castrelos: 2.000 pola mañá (09.00 horas) e outras 2.000 pola tarde (16.00 horas). Outras 1.000 serán vendidas de forma ‘en liña’ na web do Concello, 500 en horario de mañá e 500 pola tarde. Caballero lembrou que o luns, día 15, saen á venda as entradas para ver a Luís Fonsi en Vigo, que actuará o 23 de xullo.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...