InicioCulturaReeditan o libro 'El Camino de Santiago' de Álvaro Cunqueiro

Reeditan o libro ‘El Camino de Santiago’ de Álvaro Cunqueiro

O libro foi editado en Vigo en 1965

PUBLICADO O

- Advertisement -

Alvarellos Editora publicará proximamente ‘E Camino de Santiago’, unha guía “moi persoal” do escritor galego Álvaro Cunqueiro que viu a luz en Vigo en 1965 e que non volveu ser editada desde entón.

Segundo apuntan nun comunicado, a presente edición conta cun preámbulo do fillo do autor, César Cunqueiro, un estudo da especialista María Xesús Nogueira, e notas explicativas ao pé ao longo de todo o texto, ademais de diversas ilustracións.

“Estamos ante un texto breve pero de desbordante caudal narrativo, onde cada parágrafo se recrea nun suceso, sexa real ou imaxinario, ou unha combinación de ambos. Denominámolo ‘o libro esquecido’ porque así permaneceu durante todos estes anos”, destacan desde a editorial.

Apuntan que Álvaro Cunqueiro se consideraba “o último peregrino medieval”. “A viaxe é para min unha experiencia poética”, lembran que afirmaba. E por iso, convidan a “viaxar a con a prosa única de Cunqueiro por este milenario Camiño de Santiago co que tanto se identificaba”.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...