InicioCulturaAitana actuará no auditorio de Castrelos o próximo 3 de agosto

Aitana actuará no auditorio de Castrelos o próximo 3 de agosto

Segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero, nun audio difundido aos medios de comunicación

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cantante Aitana actuará o próximo 3 de agosto no auditorio de Castrelos de Vigo, segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero, nun audio difundido aos medios de comunicación. A artista catalá únese así a outros concertos xa anunciados como Luís Fonsi, Melendi ou Víctor Manuel, que tamén formarán parte do programa das Festas de Vigo deste verán.

Caballero puxo en valor a Aitana como a “artista emerxente” máis importante dos últimos anos en España, con proxección internacional. Ademais, asegurou que o de Vigo será o seu último concerto antes de cantar no Bernabéu en decembro. “Aitana traspasa fronteiras”, reivindicou, indicando que será un “concerto excepcional”.

Desta maneira, Aitana engorda a lista de concertos organizados polo Concello este verán, con Dani Fernández (13 de xullo), a Coral Casabranca (20 de xullo), Luís Fonsi (23 de xullo), Sen Senra (25 de xullo), Luz Casal (2 de agosto), Aitana (3 de agosto), UB40 (7 de agosto), Víctor Manuel (14 de agosto), Xoel López e Vetusta Morla (16 de agosto) e Melendi (17 de agosto).

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...