InicioCulturaO pasodobre "Puenteareas" cumple 89 anos

O pasodobre “Puenteareas” cumple 89 anos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo foi convidada este sábado 20 de outubro pola Fundación Reveriano Soutullo a participar na celebración do 89 aniversario do pasodobre “Puenteareas”.

A Banda de Xinzo interpretou o pasodobre xunto ao monumento do mestre Soutullo, situado diante do edificio consistorial do Concello de Ponteareas.

Javier Blanco, Director da Banda de Xinzo, quixo agradecer publicamente o labor que está a realizar a Fundación Reveriano Soutullo en favor da recuperación de toda a súa obra escrita para banda de música, así como a estreita relación que manteñen coa asociación.

“Ademais, para a nosa agrupación é moi positivo participar neste tipo de actos tan necesarios e simbólicos, xa que nos serve para transmitir a todos os músicos a importancia de Soutullo na composición bandística do noso país”, subliñou.

A Fundación Soutullo colabora regularmente coa Banda de Música Xuvenil de Xinzo, mostra disto é a última edición do CD composto integramente por obras inéditas do mestre D. Reveriano Soutullo Otero que saíu á luz a finais do ano 2014.

ÚLTIMAS

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...