InicioCulturaA Real Filharmonía de Galicia reúnese co seu público no Teatro Afundación...

A Real Filharmonía de Galicia reúnese co seu público no Teatro Afundación para “coñecer as súas impresións”

O obxectivo é escoitar as propostas e as impresións sobre o seu repertorio e os seus recitais "con vistas a seguir incidindo na apertura a novos públicos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Real Filharmonía de Galicia participará nun encontro en Vigo con persoas abonadas á Tempada de Clásica de Afundación e público xeral para escoitar as propostas e as impresións sobre o seu repertorio e os seus recitais “con vistas a seguir incidindo na apertura a novos públicos”.

Segundo explican nun comunicado, neste foro participarán o director titular e artístico da Real Filharmonía de Galicia, Baldur Brönnimann, e a directora técnica, Sabela García Fonte, quen tamén animarán a debater sobre o futuro das orquestras. O encontro terá lugar este martes 12 de marzo, ás 19.00 horas, no Auditorio do Teatro Afundación (entrada pola rúa Marqués de Valladares). A entrada é libre ata completar o aforamento.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...