InicioCulturaO SonRías Baixas pon á venda os abonos para a edición de...

O SonRías Baixas pon á venda os abonos para a edición de 2024, encabezada por La Oreja de Van Gogh e Tanxugueiras

A súa 21ª edición celebrarase en Bueu os próximos 1, 2 e 3 de agosto, encabezada por La Oreja de Van Gogh e Tanxugueiras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O festival SonRias Baixas puxo á venda os abonos para a celebración da súa 21ª edición en Bueu, os próximos 1, 2 e 3 de agosto, encabezada por La Oreja de Van Gogh e Tanxugueiras. Os abonos xa están dispoñibles desde a web do festival, www.sonriasbaixas.info, e a través de Enterticket.esOs 500 primeiros compradores poderán obter as súas entradas por 45 euros máis gastos de xestión.

Esta edición estará encabezada por nomes como La Oreja de Van Gogh, Tanxugueiras, Rozalén, Ginebras, Álvaro de Luna ou Rayden, nunha aposta da organización, a promotora PlayPlan, para “tratar de cambiar a tendencia marcada pola propia industria musical, e apostando por un forte protagonismo das bandas lideradas e formadas por mulleres como nomes principais do cartel”.

Tamén se mantén unha forte representación da escena musical galega, con nomes como Fillas de Cassandra, Mondra, Sabela ou The Rapants, encabezada pola punta de lanza deste auxe que está a vivir o panorama galego, como son Tanxugueiras. A todos estes nomes súmanselles as interesantes propostas de Chef’Special, La La Love You, Anabel Le, Cool Nenas, Emlan, Gilipojazz, Inés Hernand, La Élite, Morochos, Mr. Kilombo, Muerdo, Sexy Zebras e Travis Birds, “mantendo así a tendencia do festival de ser un altofalante para coñecer novas propostas musicais”.

ÚLTIMAS

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...

Abel Caballero presenta ‘ViveVigo’, o programa municipal para mobilizar 13.000 vivendas baleiras no mercado do aluguer

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este venres 'ViveVigo', un programa municipal de...