InicioCulturaRecital de artistas galegas este xoves no Museo Marco contra a violencia...

Recital de artistas galegas este xoves no Museo Marco contra a violencia machista

Esta iniciativa pretende visibilizar o papel da cultura, neste caso da literatura, na sensibilización da sociedade contra o machismo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Escritoras e artistas visuais galegas reuniranse este xoves, día 2 de novembro, no Museo Marco de Vigo nun recital perfo-poético a favor da igualdade e en contra da violencia contra a muller. Esta iniciativa, organizada pola Delegación do Goberno en Galicia, enmárcase dentro da programación ao redor do 25 de novembro, Día Internacional contra este tipo de violencia.

Nun comunicado, o Executivo explicou que este recital pretende visibilizar o papel da cultura, neste caso da literatura, na sensibilización da sociedade contra o machismo e contra calquera forma de violencia de xénero. Faino nesta ocasión coas voces das propias escritoras, que escollerán os textos que mellor reflicten esta visión do empoderamento feminino.

Baixo o título de ‘Traga’, a acción combinará o recital de varias voces femininas recoñecidas da poesía galega cunha performance visual da artista Ana Xesto. A presentadora do acto será Yolanda Castaño, recentemente galardoada co Premio Nacional de Poesía.

OUTRAS INICIATIVAS POLO 25N

Con varias iniciativas ao longo destes días por toda Galicia, os actos centrais serán a semana do 25 de novembro, comezando coa entrada dos recoñecementos ‘Meninas’ en Santiago, que concede a Delegación a entidades e persoas que destacan en Galicia pola defensa da igualdade e a protección de mulleres vítimas de violencia machista. Será o martes 21 no Hostal dos Reis Católicos. O 24 de novembro, na Coruña, a Delegación acollerá a lectura do manifesto institucional contra a violencia machista.

ÚLTIMAS

Vigo prepara un protocolo ante as inundacións: cortes de tráfico en Balaídos, Citroën e outras zonas de risco

O Concello de Vigo aprobou un novo protocolo permanente de actuación ante episodios de...

O TSXG dálle a razón ao Porriño fronte a Vigo: anula os cobros pola auga da presa de Eiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...