InicioCulturaHomenaxe a un centenar de artistas nunha mostra sobre a plástica galega...

Homenaxe a un centenar de artistas nunha mostra sobre a plástica galega na sede de Afundación

O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, inaugurou, na sede de Afundación de Vigo, a exposición 'Retratos dun tempo da plástica galega'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, inaugurou, na sede de Afundación de Vigo, a exposición ‘Retratos dun tempo da plástica galega’. Trátase do novo proxecto da Xunta de Galicia e Afundación co que se rende homenaxe a un centenar de artistas galegos, segundo informa a Consellería de Cultura.

A mostra é unha iniciativa do fotógrafo Xulio Gil, comisariada por Xabier Limia, que se poderá visitar na rúa Policarpo Sanz ata o 11 de novembro. O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destacou a importante “contribución que fixeron á identidade cultural de Galicia os creadores retratados nesta iniciativa”.

“Figuras como Laxeiro, Isaac Díaz Pardo, Chelo Rodríguez, Menchu Lamas, Francisco Leiro, Antón Patiño, Din Matamoro, Berta Cáccamo, Manuel Quintana Martelo, Ángeles Iglesias, Manolo Buciños ou Soledad Penalta son os construtores da realidade cultural que temos hoxe en día e que é un referente no conxunto do país”, sinalou.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...