InicioCulturaA Deputación de Pontevedra compromete o seu apoio á celebración do Vigo...

A Deputación de Pontevedra compromete o seu apoio á celebración do Vigo Seafest, Festival ARVI do Peixe 2024

O Vigo Seafest, Festival ARVI do Peixe, celebrarase en 2024, tras a cancelación deste ano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, e a vicepresidenta do organismo, Marta Fernández-Tapias, selaron co presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo, Javier Touza, un acordo para impulsar a edición de 2024 do Vigo Seafest, Festival ARVI do Peixe, tras a cancelación da edición deste ano (ao quedar deserto o concurso para a súa organización).

López garantiu o apoio da institución provincial ao evento e mesmo expresou a súa vontade de que poida estenderse a outros concellos da provincia. Este festival é, para o presidente da Deputación, “fundamental para estender a cultura gastronómica da provincia, pero tamén os produtos das rías, a industria pesqueira, os deportes náuticos ou de praia, e as experiencias á beira do mar”. Luís López tamén puxo en valor o papel da Cooperativa de Armadores como organización sectorial, e recalcou que “foron e son fundamentais para consolidar a cidade de Vigo como capital europea da pesca”.

ÚLTIMAS

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...