InicioCulturaO Festival Internacional de Cinema de Bueu retratará a vangarda internacional do...

O Festival Internacional de Cinema de Bueu retratará a vangarda internacional do cinema de autor ao mostrar 89 curtos de 30 países

Catro producións realizadas na rexión compiten este ano na sección oficial e máis do espazo GZ_00, no que se proxectarán 12 curtos asinados por cineastas emerxentes galegos este domingo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBueu) retratará a vangarda do audiovisual do cinema de autor ao mostrar entre o 9 e o 24 de setembro, 89 curtos procedentes dunha trintena de países co apoio da Xunta. A mostra cinematográfica, que celebra a súa 16º edición, é unha das 11 beneficiarias na convocatoria de axudas a festivais do sector audiovisual, liña de subvencións á que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina 225.000 euros neste 2023.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou este mércores na presentación do programa do evento xunto aos directores do festival, Manuel Pena, María Ruiz-Falcó e Nerea Lores, e representantes do resto das institucións colaboradoras. “A mostra audiovisual de Bueu ocupa pola súa consolidada traxectoria un destacado lugar no circuíto de festivais cinematográficos de Galicia, eixo fundamental na cadea de difusión do talento audiovisual galego”, sinalou. Un talento, continuou, que estará presente no festival a través de catro producións realizadas na rexión que compiten este ano na sección oficial e máis do espazo GZ_00, no que se proxectarán 12 curtos asinados por cineastas emerxentes galegos este domingo.

TRIBUTO A LUISA MERELAS

O FICBueu, que se suma este ano á axenda global de 2.500 actividades artísticas que a Xunta promove este verán baixo a lema ‘A Cultura en Galicia é un CulturON’, renderá tributo ao documentalista neerlandés Joris Ivens, que protagonizará a retrospectiva deste 2023, e á actriz Luisa Merelas, que recibirá o Premio Cinema Galego pola súa traxectoria.

A intérprete recollerá o galardón durante a gala de entrega de premios, na que se coñecerá o palmarés dunha sección oficial na que, entre cintas producidas en 20 países, competirán os catro curtos dirixidos ou producidos en Galicia: Ulises, de Félix Brixel; Ruovesi, de Andrea Zapata-Girau; Alicia fai cousas, de Anxo Santos, e SandwichCat, de David Fidalgo.

OUTRAS ACTIVIDADES

O FICBueu completa o seu cartel cunha serie de actividades que lle outorgan ao certame unha dimensión completa no seu labor de divulgación cultural. Destacan iniciativas como ao MiniFIC, con proxeccións destinadas aos máis novos e ao alumnado dos centros de ensino; a ludoteca gratuíta, que se inaugura este ano para fomentar a conciliación no seo do festival, ou o II Xornadas Cinematográficas, conformadas concoloquios, proxeccións e clases maxistrais.

Como novidade deste 2023 e dentro das actividades paralelas, desenvolverase o I Residencia FICBueu, unha decidida aposta do encontro audiovisual pola formación a través dunha residencia artística dirixida pola guionista Isabel Pena e que se desenvolverá en outubro na Illa de Ons co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais e da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Decenas de miles de persoas marchan en Vigo para “reconstruír” a área Sanitaria: “Señor Rueda, somos os de sempre”

Decenas de miles de persoas (máis de 62.000 segundo a organización) manifestáronse na tarde...

OPINION | A barrabasada do lincenciado en ciencias da relixión e deputado do PP Jose Luis Ferro Iglesias

Cando en 1988 estreamos en Vigo a primeira versión do documental Aillados, sobre a...

Ryanair recortará nun 61 % os voos en Peinador este verán

O xestor aeroportuario Aena cualificou como "espurios" os argumentos esgrimidos por Ryanair, quen hoxe anunciou recortes de...

O alcalde de Nigrán carga contra o deputado do PP que cuestionou que houbese mortes en San Simón e Redondela pretende declaralo “persoa ‘non...

O alcalde de Nigrán, Juan González (PSdeG), cargou contra o deputado do PP José Luís Ferro...