InicioSociedadeUn ano máis, os guardeses demostran a súa devoción á virxe de...

Un ano máis, os guardeses demostran a súa devoción á virxe de Santa Trega coa romaría e xantar popular

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Guarda acolle este domingo 23 de setembro a Romaría de Santa Trega, un evento de carácter relixioso e tamén festivo que congrega no Monte de Santa Trega a multitude de fieis e devotos da Virxe de Santa Trega.

Dende primeira hora da mañá a Capela de Santa Trega acolle varias misas, ás 8, 9 e 10 da
mañá, e ás 11:00h Sermón e Solemne Procesión. Tralo remate dos actos relixiosos celébranse as tradicionais poxas de produtos típicos, cunha monumental tarta que sempre agocha algún gran premio no seu interior.

A tradición manda realizar un xantar popular, onde as familias se reúnen para almorzar,
cantar e bailar ata a tardiña, onde o son das gaitas, acordeóns, pandeiretas e tamboriles
acompañan a sobremesa.

Dende o Concello da Guarda recórdase á poboación o deber de respectar o noso
patrimonio, sinal de identidade do noso pobo, evitando maltratar ou acceder a zonas
patrimoniais coma a Citania de Santa Trega.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...