InicioCulturaPoesía e videoxogos únense en Cangas este sábado

Poesía e videoxogos únense en Cangas este sábado

Nesta xornada exploraranse os límites entre a creación literaria e o universo dos videoxogos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Consello da Cultura Galega e o Museo do Videoxogo unen a poesía con este tipo de xogos nunha xornada que se celebrará este sábado en Cangas (Pontevedra), a partir das 16:30 horas, baixo o título ‘Hai un poema non teu videoxogo’. A cita está coordinada por Carmen García Mateo e Carlos Pereiro, que aseguraron que “buscan unir os dous mundos que parecen afastados pero que non o están tanto”.

Ademais, os poetas Pablo Rodríguez e Branca Trigo ofrecerán unha “innovadora actividade” na que haberá xogos en ‘streaming‘, poesíaaudiovisual e moita experimentación. “Pensabamos que era interesante que a lírica galega estivese tamén presente no mundo dos videoxogos e pensabamos nunha proposta que achegase estes dous universos”, explicou Pereiro.

Desta forma, indicou que “é algo inédito” co que buscan novas formas de fusión de puntos que pensan que “se poden atopar”. “Estamos moi acostumados a ver debuxos, ilustracións de xente que as fai a partir de videoxogos, pero non poemas que falen das consolas e dos videoxogos, que son tan populares como os microondas”, asegurou Pereiro.

Como peche de xornada farán a entrega dos premios do reto FaIAI, promocionado por Balidea e a Univesidade de Vigo, na procura de voces en lingua galega coas que levar a cabo proxectos de intelixencia artificial.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...