InicioCulturaEskorzo, Rebeliom do Inframundo ou 'Francisco, o Home' danse cita o 1,...

Eskorzo, Rebeliom do Inframundo ou ‘Francisco, o Home’ danse cita o 1, 2 e 3 de xuño no Millo Verde deRedondela

Haberá tamén talleres de cometas e chapas, así como postos de artesanía e de gastronomía.

PUBLICADO O

O XVI Festival Alternativo Millo Verde celebrarase na Praia de Cesantes (Redondela) os días 1, 2 e 3 de xuño de 2023, onde os asistentes poderán ver concertos de grupos como Eskorzo, Rebeliom do Inframundo ou Francisco, o Home.

O evento comezará o xoves coas actuacións de Brazil Love Affair, Angry Zeta, Grima e Leopard Davinci. O venres será a quenda de Rebeliom do Inframundo, Eskorzo, The Fat Badgers, Legiana Collective, Xenderal, Vértebras e DJ Fermo.

Xa o sábado, o recinto do festival recibirá a Francisco, o Home, Trikosis, Bia Ferreira, Zeltia Irevire, Chekan, Treinteañeras cañeras, Superoito, Jay-Roon & The Smooking Machines, Peter Punk, Trópico de Grelos e Brigada Sound. Ademais, haberá tamén talleres de cometas e chapas, así como postos de artesanía e de gastronomía.

ÚLTIMAS

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

Detido por exhibicionismo un home que se facía tocamentos e se masturbaba na praia viguesa de Samil

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 42 anos de idade, A.D.,...

Deteñen en Vigo a un mozo de 18 anos por unha suposta agresión sexual e intervéñenlle unha pistola simulada

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron este domingo a un mozo de 18 anos...

Decaltado incendio na fábrica de casas de madeira 5Jotas en Candeán

Solicitouse asistencia sanitaria para unha persoa debido a unha crise de ansiedade, mentres que...