InicioCulturaO mar non ten fronteiras: A Guarda abre unha exposición sobre os...

O mar non ten fronteiras: A Guarda abre unha exposición sobre os pescadores galegos e portugueses

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Exposición das Marcas dos Pescadores de Póvoa e da Guarda inaugúrase este sábado día 21 de setembro ás 19:00h na Casa dos Alonsos da Guarda. A exposición recolle unha mostra fotográfica, aparellos de pesca, artigos e escritos sobre a historia do mar e dos seus pescadores.

Despois dunha breve explicación sobre os diferentes contidos desta exposición, realizarase
unha tertulia, dirixida por Agustín Ferreira Lourenzo, na que participaran pescadores de Póvoa de Varzím e da Guarda, onde se intercambiaran experiencias, anécdotas, memorias e sobre todo, afondar a forte vinculación existente entre estes dous municipios.

As fronteiras non separan as augas do mar e aos seus pescadores, e nos tempos de barcos a remos e velas os povoeiros tiñan moita vinculacións con Galicia e coa Guarda, onde atopaban abrigo ante os temporais do mar e onde tamén visitaban a ermida de Santa Trega.

As súas marcas foron sempre un punto en común entre eles, unha maneira de
identificarse entre si, nun tempo no que non existían outras formas de comunicacións ou
de distinción.

A Exposición Marcas dos Mariñeiros visita A Guarda dende este venres 21 de setembro e ata o 6 de outubro, enmarcada nos actos previos á celebración do XIV Encontro de
Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará na Guarda do 11 ao 14 de xullo de
2019.

ÚLTIMAS

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

Investigado un veciño de Vigo por malos tratos animais tras localizar a un cabalo con varias feridas

O Equipo de Seprona da Garda Civil de Pontevedra investiga a un home, veciño...

Juan Magán, Taburete, Marlena e Álvaro de Luna únense ao Galicia Fest e reforzan o cartel musical do verán en Vigo

Juan Magán, Álvaro de Luna, Taburete e Marlena son as novas incorporacións confirmadas ao...