InicioCulturaO cinema de Valérie Massadian abre a programación previa do Festival de...

O cinema de Valérie Massadian abre a programación previa do Festival de Cans

A programación especial que ofrece nesta edición o festival sobre a directora franco-armenia empeza o venres 12 ás 20,00 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A XX edición do Festival de Cans, que se celebra entre o 16 e o 20 de maio, comeza este fin de semana cunha programación previa no Porriño que inclúe unha retrospectiva da cineasta Valérie Massadian, a apertura dunha exposición de collage de Diego Giráldez e a presentación do novo proxecto musical de Eladio Santos, Ronsel, acompañado por Andrés Cunha. Todas estas actividades son gratuítas.

A programación especial que ofrece nesta edición o festival sobre a directora franco-armenia empeza o venres 12 ás 20,00 horas coa proxección da súa longametraxe de debut, Nana (2011), mellor película no Festival de Locarno, mentres que o sábado 13 ás 18,00 horas proxectarase Milla (2017), Premio do Xurado e do Público no Festival de Locarno.

As proxeccións serán no Centro Cultural do Porriño e son a primeira parte da retrospectiva que lle dedicará o festival o día 20, coa exhibición da súa obra como cortometrajista, con títulos como América (2013), Ninouche (2011), Solitudes. L’insomnie (2019), A tempête (2018), Care (2022), Mamoushka (2014) e Ire (2021). Destacan ademais que moitas delas están inéditas en España. Massadian intervirá por videoconferencia antes da proxección da primeira longametraxe e estará presente en Cans durante o festival.

Xa o sábado 13, ás 20,00 horas, inaugurarase a exposición Collage Catástrofe, do xornalista e escritor Diego Giráldez, na que se mesturan mulleres “que poderían protagonizar unha comedia romántica de Frank Capra con homenaxes ao cinema de catástrofes dos anos 70”. A mostra poderá verse no Círculo Recreativo Cultural do Porriño ata o 31 de maio.

Tamén o sábado, na terraza do Círculo Recreativo, terá lugar ás 21,00 horas a presentación de Ronsel, novo proxecto de Eladio Santos (Eladio e os Seres Queridos). Trátase unha iniciativa organizada polo Círculo Recreativo Cultural dentro do ciclo ‘Círculo Aberto’, como previa da XX edición do Festival de Cans.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...