InicioCulturaAbraham Cupeiro actuará o próximo 22 de abril en Arbo co seu...

Abraham Cupeiro actuará o próximo 22 de abril en Arbo co seu espectáculo ‘Pangea’

PUBLICADO O

- Advertisement -

O artista galego Abraham Cupeiro representa o seu espectáculo ‘Pangea’ a partir do vindeiro sábado 22 de abril as 20:00 horas na localidade pontevedresa de Arbo, xunto á Banda de Música do municipio. O concerto está enmarcado dentro da programación da LXIII Festa dá Lamprea que terá lugar entre o 28 e o 30 de abril. A entrada é gratuíta ata completar aforamento.

Neste espectáculo, Abraham Cupeiro fai un percorrido ao redor do mundo a través dos diferentes estilos de música tradicionais de cada lugar do planeta. Para iso, o músico de Sarria utiliza instrumentos característicos de cada país para conseguir que os espectadores viaxen con él a destinos como Oceanía, Asia ou América.

Ligado ao mundo da música desde a infancia, Abraham Cupeiro, nado en Sarria, trasladouse a Madrid para estudar alí trompeta. En 2006 construíu unha trompeta barroca do século XVIII e a partir de aí adicouse a estudar outros tipos de instrumentos de vento ata reunir unha colección de máis de 200 de diferentes épocas e tipos.

ÚLTIMAS

Médicos de Atención Primaria maniféstanse en Vigo contra a sobrecarga laboral

Decenas de médicos de Atención Primaria de toda Galicia concentráronse este martes pola tarde...

O BNG de Vigo demanda un cambio radical ante a crise industrial e a emerxencia laboral na cidade

O BNG de Vigo reclamou á Xunta de Galicia e ao Concello un cambio...

Vigo volve mirar ao Mundial: Caballero anuncia novos pasos para ampliar Balaídos ata 43.000 espectadores

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que “xa se están dando...

Xuízo pola morte dun operario en Cardama: o condutor do camión asegura que non viu o cable que provocou a caída da peza

O condutor do camión do que caeu unha enorme peza que causou a morte...