InicioCulturaO dúo vigués Fillas de Cassandra gaña o VIII premio aRimar a...

O dúo vigués Fillas de Cassandra gaña o VIII premio aRi[t]mar a Mellor Música do Ano en Galicia en 2022

A mosense Uxía tamén foi premiado na mellor música en portugués.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O dúo vigués Fillas de Cassandra e a súa canción ‘II. Lisístrata (varre vasoira)’ resultaron gañadoras do VIII premio aRi[t]mar a Mellor Música do Ano en Galicia en 2022.

Segundo trasladou o propio certame nun comunicado, aRi[t]mar bateu nesta edición a súa propia marca de participación cun total de 6.792 votos, o que supón case un 30% de incremento con respecto á edición anterior.

A organización do certame apuntou que a canción de Fillas de Cassandra, grupo composto por María Pérez e Sara Faro, dá conta de que a escena musical galega “segue innovando sen necesidade de abandonar a tradición cultural, reformulando a mensaxe feminista a través dun espazo no que a Grecia Clásica convive coa música electrónica”.

Pola súa banda, o tema elixido como Mellor Música de 2022 en Portugal é ‘Maçãzinha’, da agrupación portuense Retimbrar, en colaboración coa mosense Uxía Senlle. A canción é unha mestura de sons folk, populares e doutras orixes con presenza da percusión tradicional lusa.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...