InicioCulturaO Festival de Cans estrea o 'Canciños Fest' para promover o cinema...

O Festival de Cans estrea o ‘Canciños Fest’ para promover o cinema entre os máis pequenos

Haberá proxeccións de curtametraxes e longametraxes de animación, talleres e actividades relacionadas co cinema e coa lingua galega

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival de Cans organiza este fin de semana no Porriño o ‘Canciños Fest’, un novo certame que nace coa intención de achegar o cinema en lingua galega aos máis pequenos. A cita será este sábado 25 e domingo 26 de marzo nas instalacións do Círculo Recreativo cultural do Porriño, con entrada gratuíta.

Entre os contidos que se poderán ver, curtametraxes e longametraxes de animación, talleres e actividades relacionadas co cinema e coa lingua galega. Deste xeito, o Festival de Cans quere iniciar as celebracións do seu vixésimo aniversario.

Así, o sábado, desde as 17,00 horas, o público poderá asistir a unha sesión de curtas de animación para o público infantil, con cinco cintas que pasaron por diversas seccións do festival ao longo dos seus 20 anos de historia.

Nesta sesión poderán verse ‘El soldadito de plomo’, de Virxinia Curiá e Tomás Conde; ‘O Xigante’, de Luis da Matta; ‘Man’, sobre o alemán Man de Camelle, dirixida por Juan Carlos Abraldes; ou ‘La niña que tenía una sola oreja’, de Álvaro León. Tamén ‘La flor más grande del mundo’, dirixida por Juan Pablo Etxeverry a partir dun relato do Nobel de Literatura José Saramago.

Xa ás 18,30 horas, está programado un taller de sons musicais para o cinema, guiado polo artista multidisciplinar porriñés Juanma Lodo. O domingo 26 de marzo, de novo haberá unha sesión de cinema ás 17,00 horas, nesta ocasión coa película de animación para nenos ‘Maimiño’, de Ernesto Padrón.

Ao finalizar, será a quenda dos contadores de ‘Polo Correo do Vento’ cun espectáculo de música e narración oral titulado ‘Unha historia do cinema en Galicia’, no que achegarán aos máis pequenos de maneira didáctica diversos momentos das películas máis célebres feitas en Galicia.

ÚLTIMAS

Piden 13 anos para un adestrador por supostos abusos a unha xogadora menor de idade en Vigo

Un adestrador de fútbol feminino enfróntase a penas que suman 13 anos de prisión, como...

Caballero denuncia a discriminación da Xunta a Vigo mentres “quere que quedemos calados”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, respondeu este mércores á "man tendida" e á...

Multa de 100 millons a Stellantis polo fraude no cártel de reciclaxe

Volkswagen, Stellantis e outros fabricantes de coches foron multados con 458 millóns de euros...

Petición de catro anos de cárcere para unha muller por ameazar cunha pistola a un coñecido en Vigo

A Fiscalía pide 4 anos e 1 mes de prisión para unha muller acusada...