InicioCulturaXan Veiga chega a Vigo este sábado para ofrecer unha gran noite...

Xan Veiga chega a Vigo este sábado para ofrecer unha gran noite de comedia

Trae á memoria un bo feixe de costumes, ditos, xogos, cantigas e outras lerias que fan pensar aos espectadores no moito que cambiaron as cousas dende aquela.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O humorista arzuán, Xan Veiga, chega este sábado 11 de marzo a Vigo para ofrecer unha gran noite de comedia. Será no Sports Bar Castelo Real, na Avenida Florida 66, ás 23:00 h.

Xan Veiga estivo no Luar da TVG máis de sete anos contando contos e chistes co cal a experiencia no mundo da narración oral e os recursos para facer rir non lle faltan. Dende hai uns anos arrimoulle experiencias e anécdotas á súa vivencia persoal e creou este texto que resulta unha simpática e retranqueira volta aos 80 co galego sempre presente nesa experiencia vivencial.

O ESPECTÁCULO
O monólogo “Made in Galicia” embárcase nunha viaxe ao pasado para lembrar as desventuras dun galego calquera, unha especie de Balbino actualizado. Xan Veiga trae á memoria un bo feixe de costumes, ditos, xogos, cantigas e outras lerias que fan pensar aos espectadores no moito que cambiaron as cousas dende aquela.

Ao longo do espectáculo ponse en valor o galego como lingua recorrendo ao inspiradora e útil que resulta para comunicar e para manexar a nosa ferramenta principal: a retranca. A entrada custa 6 euros.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...